Aviso de incidencias dende aplicacións móbiles - Concello de Rianxo
Liña Verde é unha aplicación para dispositivos Android e iOS que pretende facilitar a participación cidadá, así como favorecer a máxima eficiencia e integración entre o Concello de Rianxo e a súa veciñanza e visitantes.
Coa axuda desta ferramenta poderá enviar dende o seu dispositivo móbil, en calquera momento, e dende calquera lugar, información sobre unha carencia, deficiencia ou estrago no mobiliario urbano, de forma que nun breve prazo de tempo o Concello de Rianxo sexa sabedor dos avisos da cidadanía.
Ao aviso pódeselle engadir a localización (automática mediante GPS ou manual) e unha fotografía. A persoa que a faga recibirá información sobre os cambios de estado da súa incidencia ata a súa corrección.
Ademais, as persoas usuarias da App recibirán notificacións puntuais con información de interese do Concello de Rianxo, como os bandos informativos, avisos e campañas de circulación, alertas de emerxencias e boletíns de eventos.
A ferramenta está dispoñible para a súa descarga en Google Play e na App Store, e tamén é accesible vía web:
No Google Play ou na App Store, busca a app Liña Verde.
Instálaa e ábrea.
Selecciona o municipio: Rianxo
Axusta o idioma, que por defecto será o do teu móbil.
Unha vez configurada, podes iniciar unha incidencia en calquera momento.
Selecciona o tipo de incidencia.
Localiza xeográficamente o elemento. podes facelo de forma automática ou manual.
Podes incluír unha fotografía para facilitar a descrición.
Indica brevemente en que consiste o desperfecto ou fai as observacións que consideres antes de enviala.
A partir deste momento, recibirás unha notificación cada vez que a túa incidencia cambie de estado: pendente, recibida, rexeitada, asignada, adiada, en proceso, solucionada...
Podes facer un seguimento do estado actual de todas as incidencias que iniciaches.
Pode ocorrer que o concello che dea ou pida máis información sobre a incidencia.
Podes facer un seguimento durante todo o ciclo de vida da incidencia.
Ademais, Liña Verde ofréceche servizos de información relacionados co medio ambiente: podes consultar calquera dúbida medioambiental cun equipo de expertos e recibir campañas ambientais.
Asemade, dispós dun mapa xeo-localizado con puntos de interese de servizos municipais e elementos turísticos.