Declaracións e manifestos

- Comunicado da Corporación Municipal a respecto da lamentable imaxe de Rianxo e de Arousa ofrecida en diferentes programas de televisión - Concello de Rianxo

Declaracións e manifestos

Comunicado da Corporación Municipal a respecto da lamentable imaxe de Rianxo e de Arousa ofrecida en diferentes programas de televisión

COMUNICADO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE RIANXO A RESPECTO DA LAMENTABLE IMAXE DE RIANXO E DE AROUSA NORTE OFRECIDA EN DIFERENTES PROGRAMAS DE TELEVISIÓN

Todos e todas, membros dos diferentes grupos da corporación municipal do concello de Rianxo, facéndonos eco da xustificada indignación do conxunto dos nosos veciños e veciñas trasladaremos á Dirección das cadeas televisivas Cuatro e Telecinco o malestar e repulsa polos contidos distorsionados e falsos diferentes programas de televisión emitidos por ambas referidos ao Concello de Rianxo, A Pobra e o conxunto da Ría de Arousa.

Somos un pobo traballador, tranquilo, afábel, rico en patrimonio e cultura, que vive do mar e do traballo diario, que goza de maneira san e participativa como poucos dunhas Festas Populares declaradas de Interese Galego. É por iso que desmentimos categoricamente as mentiras contidas en programas desas cadeas e esiximos a rectificación inmediata por parte das canles Cuatro e Telecinco en horario de máxima audiencia.

Queremos trasladar a toda a xente que o noso concello, como os de toda a Ría de Arousa que se aldraxou desde as canles citadas, é tranquilo e as nosas xentes acolledoras, afectuosas e solidarias, abertos de maneira amábel e agarimosa perante a todos e todas que nos visitan.

Solidaria tamén para saír unida aos camiños a buscar ás persoas desaparecidas (a Diana e a outras) e colaborar coas forzas de seguridade e cos medios de comunicación que informan, a maioría sen recorrer en sensacionalismos, centrados en axudar a que volvan coas súas familias.

Unidos tamén para sumarnos cunha soa voz aos concellos da bisbarra e en especial A Pobra sumándonos tamén ao seu comunicado aprobado no pleno.