O acontecido hoxe en Compostela é inexplicábel e nos enche de carraxe pola situación de violencia á que se chegou. De todo este despropósito facemos responsable á Consellaría do Mar que é a que debería capitanear o diálogo e a procura dunha solución, non alimentar o enfrontamento nin a confusión.
Esiximos que se poña fin dunha vez a este conflito creado entre traballadores do mar que levan convivindo máis de 70 anos. Deixade traballar e producir á nosa xente!
Desexamos a pronta recuperación das persoas mancadas en especial do noso veciño que, afortunadamente, soubemos non reviste gravidade. Tamén instamos á inmediata posta en liberdade dos detidos para iniciar a resolución pacífica desta liorta á que están abocando ao sector.
O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños