Praza Castelao 10, Rianxo
981 86 08 08
981 84 36 29
medioambiente@concelloderianxo.gal
Concellería de Medio Ambiente
O concello de Rianxo, xunto coa Deputación da Coruña desenvolveu unha campaña de compostaxe caseira no ano 2013, vista a gran aceptación que tivo esta campaña, reeditase no 2015. Para os/as interesados/as en participar, ábrese un prazo de inscrición dende o 9 ao 31 de outubro.
Todas as persoas interesadas poderán solicitar un composteiro nas oficinas xerais do concello, os requisitos serán os seguintes:
Máis da metade do lixo que xeramos é materia orgánica, residuos procedentes da limpeza de hortalizas e outros elementos da cociña, restos de comida, papel alimentario de envolver, e restos de plantas da casa ou do xardín.
Esta materia ascende aproximadamente a medio millón de toneladas anuais en Galicia (a razón de medio quilo por persoa e día). Trátase tamén da fracción do lixo máis limpa, libre en orixe de sustancias químicas tóxicas, e que pode ser reciclada enteiramente mediante procesos naturais. Mostrando que a acción persoal na xestión e tratamento do teu propio lixo é unha realidade posíbel. Sendo un proceso sinxelo e doado de realizar, que transforma un problema, o lixo, nun recurso, o compost, que é bo para todos/as.
O número de composteiros dispoñíbeis é de 30, tendo preferencia na adxudicación as solicitudes que quedaron pendentes na campaña anterior. Si as solicitudes superasen o número de composteiros dispoñibles, habería un sorteo público entre os/as solicitantes. Unha vez asignados procederase á súa entrega, e farase un seguimento dos composteiros entregados.