Medio Ambiente

- LIMPEZA DE PRAIAS: TANXIL - Concello de Rianxo

Medio Ambiente

LIMPEZA DE PRAIAS: TANXIL

A costa galega conta con innumerables praias que, lamentablemente, continúan a recibir toneladas de lixo; boa parte dos residuos que atopamos nelas son plásticos. Alén do seu impacto visual, supoñen un grave perigo para a flora e a fauna mariñas, nomeadamente para algunhas especies ameazadas como cetáceos, tartarugas ou aves mariñas, xa que inxiren plásticos confundíndoos con alimento. Tamén poden acabar enredados en bolsas, sacos ou redes que lles provocan graves lesións, dificultades para moverse e, finalmente, poden causar a súa morte.

Outro dos problemas é que o plástico acaba desfacéndose en pequenos anacos (microplásticos) que son inxeridos por numerosos organismos, dende invertebrados ata peixes e aves. O impacto dos microplásticos aínda está a ser estudado e non se coñece a súa magnitude, pero crese que é posible que actúen como vectores de contaminantes orgánicos, contribuíndo á acumulación de substancias tóxicas nos organismos que os inxiren. A súa transferencia trófica representaría un risco tamén para os seres humanos.

A mellor maneira de actuar ante este problema é reducir o consumo diario de plástico, reutilizar o máximo posible e reciclar. Tamén podemos botar unha man, pasando á acción directa e retirando o plástico acumulado nas nosas praias.

/documents/11336/0/Protocolo+2017.pdf/cbc98ef2-5915-49e6-9fd4-9c4c7bc96044