Medio Ambiente

- Limpeza de río Té - Concello de Rianxo

Medio Ambiente

Limpeza de río Té

O domingo 8 de outubro, o concello de Rianxo realizará a actividade: “Limpeza do río Té”.

 

O lugar de encontro será na Ponte de Té, ás 11:00 horas.

 

Non é necesario inscribirse, pero si recomendable.

As persoas interesadas poderán anotarse no teléfono 981860808 ou no e-correo: medioambiente@concelloderianxo.gal

 

Ao final da actividade agasallarase a cada participante cunha camiseta conmemorativa.

 

 

Para o día da limpeza o concello dotará ás persoas participantes con luvas e sacos para a recollida.

Recoméndase, se é posible, levar:

-Pinchos (paus cun pincho na punta para coller lixo).

-Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).

 

Para o desenvolvemento da xornada é preciso contar con algunhas medidas de seguridade elementais para non mancarse ao retirar o lixo. Algunhas poden ser:

 

- Non arriscar a integridade física por coller lixo en zonas perigosas ou pouco accesibles.

- Ao levantar pesos facelo sempre dobrando os xeonllos. Pedir axuda a outros compañeiros/as para recoller cousas pesadas.

- Se hai cristais, vidro, ferralla, ou outro material cortante retiralo con precaución se é posible.

- Aplicar o sentido común. Sempre se pode chamar ao concello para que retire o lixo máis problemático.

- Se no grupo van nenas/os ter boa conta deles e non deixalos sós.

- Non traballar de costas ao río sobre todo se estamos arrincando algo que está enterrado xa que podemos caer ao cauce.

- Ter coidado coas zonas de corrente forte e profundas.