Medio Ambiente

- MERCA-CONCILIA - Concello de Rianxo

Medio Ambiente

MERCA-CONCILIA

MERCA-CONCILIA

Mentres realizas as túas compras no comercio local, poderás deixar aos nenos e nenas entreténdose na Ludoteca-Agarimo, con: Manualidades, Xogos, Contos e outras actividades e sorpresas.

 

Podes deixar ao neno/nena na ludoteca, e ao recollelo só debes presentar selada por un comercio local a postal do Programa MERCA-CONCILIA. Atópase no programa de man do Pequeno Circo de Nadal, pódela imprimir, recollela na ludoteca, no concello, nos establecementos, instalacións públicas...

 

Está actividade ofrece un servizo de dúas horas diarias por neno/nena, mentres non se superen as prazas da ludoteca para cada quenda.

 

Horarios: Dende o 22 de decembro ao 5 de xaneiro

22-23-26-27-28-29-30 decembro, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas.

24 e 31 de decembro, de 09:30 a 14:00 e de 16:30 a 18:30 horas.

2-3-4-5 xaneiro, de 10:00 a 14:00.

Actividade gratuíta