Praza Castelao 10, Rianxo
981 86 08 08
981 84 36 29
medioambiente@concelloderianxo.gal
Concellería de Medio Ambiente
O Concello de Rianxo levou a cabo o domingo, 8 de outubro, unha actividade de concienciación medioambiental e limpeza de ríos, dentro do programa "Móllate polos ríos". Un total de 27 persoas voluntarias achegáronse á Ponte de Té para saír río arriba co obxectivo de recoller os residuos que se acumulan na canle e os seus arredores. O resultado foi un éxito, xa que se xuntaron un total de 5 sacos de diversos materiais contaminantes (plásticos, latas, amianto, etc.) que serán tratados en breve.
O río Té é o que ten maior lonxitude dentro do Concello de Rianxo, xa que nace no Treito (no extremo norte do termo municipal rianxeiro, preto do Monte Muralla), descende polo val do Té e discorre por catro das seis parroquias rianxeiras ata a desembocadura a carón da praia da Torre e do Castelo da Lúa.
As participantes recibiron un agasallo conmemorativo do Móllate polos Ríos 2017 de Rianxo.