Medio Ambiente

- Programa compostaxe Rianxo20 - Concello de Rianxo

Medio Ambiente

Programa compostaxe Rianxo20

 

O Concello de Rianxo, en colaboración coa Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), vai desenvolver unha campaña de compostaxe caseira que consiste en entregar un composteiro a aquelas persoas interesadas. Para poder participar, os únicos requisitos son:

1. Residir no termo municipal.
2. Dispor dun espazo co chan de terra (patio, xardín, horta...).

O procedemento para solicitar o composteiro será o seguinte:

1. Cubrir unha instancia xenérica na que se pida participar na campaña de compostaxe doméstica.
2. Entregaranse un total de 50 composteiros e a adxudicación farase tendo en conta a orde de presentación das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Rianxo.

Con esta campaña preténdese reducir o volume de residuos orgánicos que botamos ao lixo e crear unhas plusvalías ambientais coa xeración de compost  para o seu emprego en mellorar os chans das nosas hortas e xardíns.

Máis información:
Servizo de Medioambiente do Concello de Rianxo
667 185 579 (Kike)