Medio Ambiente

- Enquisa de participación cidadá no plan de municipio sustentable - Concello de Rianxo

Medio Ambiente

Enquisa de participación cidadá no plan de municipio sustentable

Traballando xuntos por un futuro medioambiental mellor

A través do FEDER e dos fondos estruturais da Unión Europea que xestiona a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, estase promovendo desde as Administracións o crecemento sustentable dos municipios e, con este fin, apóiase a elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental buscando a integración e a adaptación ao cambio climático na xestión pública.

No marco deste compromiso, desde o Concello de Rianxo estamos traballando na elaboración, deseño e execución de proxectos e plans na procura dun municipio sustentable, sostible e respectuoso co medio ambiente, que avance na mitigación do cambio climático e que reduza as emisións GEI.

As nosas principais liñas de actuación son:

  • Neutralizar as consecuencias do Cambio Climático a través de actuacións enfocadas á prevención.
  • Mellorar a Eficiencia Enerxética nas edificacións, nas infraestruturas e nos servizos públicos.
  • Aumentar o uso das Enerxías Renovables nas edificacións e estruturas públicas.
  • Fomentar a Mobilidade Urbana Sustentable a través da mellora da rede viaria, carrís bici e peonís, así como da conexión urbana-rural.

Conscientes da importancia deste reto e da necesidade de contar coa implicación da cidadanía para configurar e construír entre todos o territorio sustentable que queremos, o Goberno local activou varias canles para recibir opinións e suxestións:

  • Foro de Participación Cidadá, que se desenvolverá o:

Luns 31 de outubro ás 19.00 horas no Auditorio.

  • Buzón de suxestións (rianxosustentable@concelloderianxo.gal), onde se poderán enviar achegas sobre as melloras que se poderían facer nestes ámbitos e que beneficien ao Concello. O prazo para o envío de propostas pecharase o día 2 de novembro deste ano.
  • Cuestionario, para que a cidadanía valore as prioridades de mellora que se identificaron no Concello.

ANÍMATE E PARTICIPA NO RIANXO DO FUTURO

Cuestionario de participación

Proxecto cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020