Medio Ambiente

- Solicitude de composteiros para a campaña de compostaxe doméstica - Concello de Rianxo

Medio Ambiente

Solicitude de composteiros para a campaña de compostaxe doméstica

O Concello de Rianxo inicia unha campaña para implantar a compostaxe doméstica poñendo a disposición da veciñanza composteiros individuais de maneira gratuíta.

Calquera persoa que resida e/ou posúa unha vivenda unifamiliar con finca ou xardín situada no noso municipio poderá solicitar de xeito individual un composteiro, comprometéndose a destinalo ao tratamento de residuos orgánicos. As persoas solicitantes recibirán unha formación sobre o correcto manexo do composteiro así como visitas de seguimento co fin de supervisar o bo funcionamento do mesmo.

Os composteiros entregaranse por orde de inscrición. Unha vez esgotadas as unidades confeccionarase unha listaxe de agarda respectando a orde de entrada das solicitudes.

Esta acción compleméntase coas illas de compostaxe comunitaria xa implantadas en diferentes puntos do municipio e que nos próximos días, en paralelo ao reparto dos composteiros individuais, se poñerán en funcionamento coa finalidade de lle ofrecer á veciñanza recursos para a xestión sustentable da materia orgánica na orixe.

Para solicitar o teu composteiro podes chamar ao 667 18 55 79 ou cubrir este formulario: https://concelloderianxo.gal/web/forms/shared/-/form/3915635 ​​​​​​​

As persoas participantes serán convocadas pola Concellería de Medio Ambiente para facerlles a entrega do composteiro doméstico e das ferramentas auxiliares, incluída a formación necesaria para o seu manexo.