Servizo de Medio Ambiente - Concello de Rianxo
Funcións
- Desenvolver as políticas e servizos encamiñados á protección do medio, e participar en todos os procedementos que poidan producir un efecto directo sobre o medio, os recursos naturais, etc.
- Mellorar as condicións ambientais, terrestres e mariñas do concello, evitando ou facendo diminuír ao mínimo problemáticas tales como a contaminación, a perda de chan ou o deterioro medioambiental.
- Achegar o medio ambiente á poboación, favorecendo o seu coñecemento e goce, tentando modificar progresivamente os hábitos de conduta negativos para conseguir un maior respecto de cara ao medio e un uso máis racional dos recursos.
Atención á cidadanía
Localización e teléfonos:
Museo do mar de Rianxo "Casa do coxo". Praza de Castelao s/n, Rianxo
Tlf.: 981 860 755. Fax.: 981 843 629
Correo-e: medioambiente@rianxo.com
Horario:
De luns a venres, de 8 a 15 h (verán ata as 14 h)
Persoal
- Enrique Manuel López González
Programas e actividades
Programa de sensibilización Medio Ambiental
Nos tempos en que vivimos, a realidade que se nos impón é a existencia dunha grave problemática ambiental a nivel planetario. Problemas que implican solucións complexas e a escala global, solucións de difícil aplicación debido sobre todo á propia escala dos problemas. Camiñar na procura de solucións e cara ao desenvolvemento sostible da nosa sociedade é unha obriga. A máxima do compromiso ecolóxico "pensa global, actúa local", convértese nunha necesidade que debe ser aplicada; para iso é necesario que a cidadanía tome conciencia e se descubra a si mesma como elemento de cambio no proceso transformador da sociedade, o que implica a participación activa e consciente en todos os procesos de decisión da comunidade. É unha obriga dos organismos públicos dar resposta aos problemas e inquedanzas da poboación, e nesta liña desenvólvese o programa de Sensibilización Medio Ambiental.
Dende hai uns anos vense desenvolvendo este programa ao abeiro dos Programas de Cooperación da Consellería de Traballo.
Este ano levaranse a cabo accións formativas e informativas nos centros escolares, tentando promover e desenvolver neste colectivo, actitudes, aptitudes, coñecementos e habilidades pertinentes para a conservación do Medio Ambiente, sempre dende propostas inherentes ao desenvolvemento local sostible, centrándonos no tratamento e procesos de recollida selectiva dos nosos residuos.