Normalización Lingüística

Normalización Lingüística - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Auditorio de Rianxo
Rúa dos Autores da Rianxeira, s/n
15920 Rianxo

Directo: 881 988 798 / Auditorio: 981 100 688 / Concello: 981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

Atención presencial: luns, mércores e venres: de 09.00 a 14.00 h. (recoméndase solicitar cita previa)

Atención telefónica: de luns a venres, de 8.00 a 14.00 h.

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

Castelao foi un creador que deixou a súa pegada persoal en moitos ámbitos; mais seguramente foi a narrativa o xénero no que a súa orixinalidade ficou máis explícita coa invención das "cousas". En 1924 comezou a publicar Cousas da vida nas portadas de Galicia e Faro de Vigo. Tratábase dunha serie de debuxos cun breve texto ao pé. Posteriormente, ese texto foi medrando até se converter nun...

O Concello de Rianxo publica este álbum das primeiras 25 palabras como parte do material que acompañe a crianza con Apego, co fin de ter recollidas as primeiras palabras que exprese a nosa crianza para crear un vínculo emotivo coa súa lingua no futuro e así promover o seu uso. A Concellería de Educación e Normalización Lingüística  e a Concellería de Benestar, Igualdade e Diversidade...

O Concello de Rianxo inaugura a súa primeira Ruta do Apego sinalizada e interactiva. Esta ruta, ideada pola Asociación Avoar en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do concello rianxeiro, procura crear un espazo de lecer nun contorno natural para o desfrute libre das crianzas e as súas familias. A ruta conta con 10 puntos informativos onde, a través dunha serie de códigos QR, as...

Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos,  entre eles o de Rianxo, das tres universidades e da Deputación da Coruña, lanzan a súa quinta edición cos obxectivos de fomentar a creación e mantemento de canles en Youtube, así como de afondar na formación técnica para as persoas creadoras de contidos en lingua galega na Rede. Baixo o lema...

Obradoiro de regueifa para adultos con Lupe Blanco Queres saber de que vai isto da regueifa? Lembras se en Rianxo se regueifaba? Se queres aprender a regueifar, coñecer un pouco da historia deste xeito de cantar improvisando, das modalidades semellantes que existen noutros lugares... este é o teu obradoiro.  Día: sábado, 22 de maio Hora: 11.00 h Lugar: Liceo marítimo rianxeiro Para...

Mañá, de 10:00 a 12:00 h, nova sesión do ciclo Camiñando entre mulleres, organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel e co que colabora o SNL do Concello de Rianxo. Lara Torres é técnica superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Ilustradora, muralista, docente... falaralle ao alumnado do IES...

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel de Rianxo e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello, volven a colaborar na organización do ciclo de relatorios Camiñando entre mulleres, unha actividade educativa que procura achegarlle ao alumnado do centro educativo referentes femininas que destacan no seu ámbito profesional empregando a lingua galega:...

Como cada ano por estas datas (e xa hai cinco!), o certame Enreguéifate comeza a súa andaina á procura de estudantes e público en xeral que se apunte á práctica da arte da improvisación oral coa regueifa en lingua galega. Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Santiago de Compostela, Teo e Rianxo que apoia a difusión da improvisación oral en...

O pasado sábado 20 de marzo o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, plantaron unha figueira procedente da Casa Rosalía no Pazo de Rianxiño. Con este simbólico acto, ratificouse a sinatura do convenio de mecenado que o concello rianxeiro fixo efectivo en Padrón o mes pasado. Rianxo convértese así no noveno concello amigo da Casa de Rosalía,...

Prazo de inscrición: do 18 de marzo ao 12 de abril de 2021. Modo de inscrición: telemático preferentemente, mais tamén se pode facer presencial. Lugar de inscrición: premendo aquí. As persoas que desexen inscribirse nas probas para a obtención dos Certificados en Lingua Galega (Celga) deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C. As persoas interesadas deberán indicar...

O pasado 25N anulouse, por mor da situación de emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19,  unha das actividades previstas da Escola de Familias 2020, a presentación do libro Papá, por que non pintas as unllas de cores? do sociólogo da USC Jorge García Marín.  Nesta obra reflexiónase sobre a necesidade de deconstruír a educación dos homes desde unha nova perspectiva, feminista e...

O vindeiro 24 de febreiro conmemórase o día da nosa gran poeta nacional, Rosalía de Castro. Todos os anos, o Concello de Rianxo adoita realizarlle unha homenaxe pública nas rúas e prazas da vila, mais este ano a emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19 impídenos celebrar actos nos que participe xente. Así, nesta ocasión, recomendamos que o vindeiro día 24, escollades a seguinte lista de...

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca os cursos Celga do ano 2021. Poderán realizarse na súa modalidade en liña (Celga 1, 2, 3, 4) ou presencial (3,4). Estes últimos só se poderán cursar nas principais cidades de Galiza.  Os cursos, que se desenvolverán entre os días 15 de marzo e o 6 de maio, son gratuítos e serven para preparar as probas Celga, que adoitan ter lugar entre...

Suspéndese, polo momento, a actividade prevista para o vindeiro día 26 de decembro, Apalpadoriños polas rúas de Rianxo. ​​​​​​​Proposta que se retomará durante o período festivo no caso de que a situación sanitaria o permita.

O vindeiro luns, 21 de decembro, ás 11.30, no CEP Brea Segade de Taragoña, o Concello de Rianxo e o propio centro escolar presentarán o libro titulado Cancioneiro escolar urxente de Rianxo, unha obra que nace coa vontade de recuperar o patrimonio cultural, musical e lingüístico da vila, xa que nel se recollen cantigas, partituras e historias de moitas composicións rianxeiras que, ou ben non...

A primeira mañá do Nadal, no Auditorio de Rianxo, a escritora, actriz e contadora Lorena Conde contaranos un conto á vez que nos fará traballar un pouco coas mans... Anímaste a compartir con nós a historia do Disfrace da Urrupinca Carmirola? Día: mércores, 23 de decembro Hora: 12:00 Lugar: Auditorio de Rianxo Idades recomendadas: de 3 a 7 anos Á raposa Chiruca encántalle disfrazarse e a...

Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña. Os IV Premios Youtubeir@s xa teñen gañadoras e gañadores. Neste 2020, no que se rexistrou a máxima participación ao pasar de 240 vídeos...

O Correlingua é unha proposta escolar de dinamización lingüística de carácter lúdico-educativo que nos convida a defender e a reivindicar o uso da nosa lingua en todos os ámbitos da vida.  Este ano o Correlingua estase a celebrar nos centros de ensino, ante a imposibilidade de organizar a actividade central: a carreira pola lingua. Así, chega a Rianxo en formato concerto do grupo...

Relatorio e presentación do libro do sociólogo Jorge García Marín, Papa, por que non pintas as unllas de cores?, Educando (construíndo) masculinidades disidentes. Editorial Galaxia. Día: mércores, 25 de novembro Hora: 17:00 Lugar: Auditorio de Rianxo Nunha época de feminismo, as masculinidades aínda precisan construírse conforme aos novos tempos. É preciso, xa desde a educación infantil,...

Día: mércores, 18 de novembro Hora: 16:30 Lugar: Auditorio de Rianxo Debido á conmemoración do 25N (Día da Eliminación da Violencia contra a Muller), o Proxecto Apego do Concello de Rianxo organizará unha serie de actividades a través das cales procurará a participación activa dos homes do Concello baixo o lema: “Para vivirmos nun Rianxo feminista, trae un home”. A Escola de familias de...

Día: mércores, 11 de novembro Hora: 17:30 Lugar: Auditorio de Rianxo En familia, de conto! é unha sesión de “encantacontos” que nace co obxectivo de poñer á disposición das nais e pais diferentes recursos e estratexias para compartir coas súas crianzas unha experiencia íntima de lecer e aprendizaxes mutuas. Contos, poemas, adiviñas, xogos de man, imaxes, obxectos e as cancións, como fío...

Nova actividade encadrada na programación da Escola de Familias de Rianxo Día: mércores, 28 de outubro Hora: de 17:30 a 19:30 Lugar: Auditorio de Rianxo Fabaloba achéganos contos, música, xogos e moitos outros recursos para educarmos as nosas crianzas en galego. Dirixido a familias con crianzas, profesorado, monitores/as de tempo libre e demais público interesado. Prazas limitadas. ...

Terceira semana de actividades do programa Escola de familias de Rianxo Obradoiro de lingua de signos en familia Día: mércores, 21 de outubro Hora: de 16:30 a 19:30 h Lugar: Auditorio de Rianxo Nesta actividade falaremos da importancia da lingua de signos como sistema de comunicación temperá, de como favorece o desenvolvemento da linguaxe e como nos pode axudar á hora de introducir unha...

Segunda actividade do programa da Escola de familias de Rianxo: Obradoiro de primeiros auxilios pediátricos Día: mércores, 14 de outubro Hora: de 16:00 a 20:30 h Lugar: Auditorio de Rianxo Formación avalada pola SEMFYC na que aprenderemos os primeiros auxilios básicos para saber reaccionar no caso de que aconteza unha emerxencia. Inclúe prácticas individuais con manequíns. (Entregarase...

Bota a andar o programa da Escola de familias 2020, que en Rianxo se enmarca dentro do Proxecto Apego, campaña de dinamización lingüística para a primeira infancia impulsada por preto de trinta concellos de Galiza. A Escola de familias 2020 tiña previsto botar a andar no mes de abril, mais por mor da alerta sanitaria tivo que cancelarse. De volta co curso escolar, os/as máis pequenos/as e as...

A concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Adelina Ces Quintáns, entregou onte no Auditorio de Rianxo os diplomas que certifican a asistencia do alumnado ao Curso de acollemento e integración lingüística que impartiu ao longo deste mes de setembro Tono Formoso, profesor da Cooperativa Fabaloba. Este curso básico de lingua e cultura galega serviulle ao alumnado para preparar as...

O programa Ceibarimas chega a Rianxo da man de Frank, MC do grupo de rap galego Rebeliom do Inframundo. Trátase dun obradoiro de free style en galego no que poderán participar un máximo de 15 persoas. Día: xoves, 27 de agosto Hora: 18:00 a 20:00 Lugar: Pazo de Rianxiño É preciso inscribirse previamente, en Proxecto Cibarimas: https://ceibarimas.gal/ Xuventude Rianxo:...

Se a situación sanitaria o permite, no mes de setembro, retomarase o Curso básico de lingua e cultura galega. Realizarase dun xeito máis intensivo, debido a que a Xunta de Galicia ten previsto convocar as probas Celga para finais do mes de setembro ou comezos de outubro. Datas: do 1 ao 24 de setembro (martes, mércores e xoves) Horario: de 19:00 a 21:00 h. Lugar: Auditorio de Rianxo Debido a...

Un xurado composto polo técnico de normalización da Universidade da Coruña, Xesús Manquel Mosquera Carregal, a técnica do Concello da Coruña, Julia Rigueiro, a profesora e gañadora da edición pasada por 21 Días co Galego Pilar Ponte e o xornalista Eduardo Rolland, representante do xornal Gciencia tamén gañador o ano anterior e presidido pola deputada de Normalización Lingüística, María Muíño...

O concurso está aberto a todas as persoas maiores de 14 anos con canles e/ou vídeos en galego, autoproducidos, subidos a YouTube e que estean publicados con data posterior ao 27 de setembro de 2019. No caso de presentar unha canle, esta debe conter polo menos cinco vídeos, maioritariamente en galego e realizados con posterioridade a esa mesma data. Deste xeito, os Premios Youtubeir@s regresan...

Ao resultar imposible manter como data para presentarse ás probas o mes de maio e/ou xuño de 2020, tal como recollía a Resolución do 6 de marzo, a realización destas adíase ata o mes de setembro e/ou outubro de 2020, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicitadas no DOG, así como na páxina web da Secretaría Xeral...

Este venres, 28 de febreiro, desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra a fase de zona do Club de Debate organizada polos concellos de Rianxo, Redondela e Pontevedra. O Club de Debate é unha actividade das concellarías de Normalización Lingüística para desenvolver as destrezas orais da lingua galega en distintos contextos, fomentar o debate e consolidar foros de discusión sobre temas de...

Luns, 24 de febreiro Caldo de Gloria no menú, como tapa ou ración, nos seguintes establecementos hostaleiros de Rianxo: Bar Abuín Parrillada Ourense O Costillar Cafetaría Braisa Bar Atalaia O Curral do Marqués Cafetaría Santa Columba Xoves, 27 de febreiro ​​​​​​​Actos de homenaxe á poeta Rosalía de Castro 9:45 h: Lecer con Rosalía, polas rúas de Rianxo - Entrega de versos de Rosalía...

O Concello de Rianxo organiza un Curso básico de lingua e cultura galega. O que se pretende con esta actividade formativa é acoller lingüística e culturalmente as persoas de fóra de Galiza e tamén servir de ferramenta de integración para a cidadanía que aínda non dispón dos niveis iniciais do certificado de lingua galega (Celga 1 e 2).  O curso desenvolverase entre os meses de marzo e...

A Xunta de Galicia convoca cursos de lingua galega preparatorios das probas para a obtención dos Celga 2020. O prazo para a presentación das solicitudes é de 15 días, contados a partir do 30 de xaneiro. (O prazo remata o 19 de febreiro). Este ano haberá cursos de teleformación para preparar Celga1, Celga2, Celga3 e Celga 4. Cursos presenciais só haberá nas cidades. A convocatoria pódese...

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo pon a disposición dos comercios e locais de hostalaría adheridos á campaña En Rianxo, ao noso xeito, unha serie de materiais destinados exclusivamente á celebración do Nadal. 1. Etiquetas para regalos para o comercio:  - En Rianxo, ao noso xeito "Agardo que che guste" - En Rianxo, ao noso xeito "Con todo o meu agarimo" - En...

Mañá, venres día 29 de novembro, os youtubeir@s rianxeir@s viaxamos ata Santiago de Compostela para presenciar a gala final do certame Youtubeir@s ​​​​​​​2019. Aínda quedan algunhas prazas libres no autobús. O número de teléfono ao que hai que chamar se alguén se quere apuntar é o: 981 972 713. Veña, que algún rianxeiro pode volver con premio!! Día: venres, 29 de novembro Hora: 20:00 Lugar:...

O pasado martes tivo lugar no Auditorio de Rianxo a I Asemblea Xeral da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, asociación que se fundou o pasado mes de febreiro en Santiago de Compostela e que está formada por 15 concellos galegos que pretenden desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma. O Concello de Rianxo, que exercerá a presidencia durante os dous...

Aprázase o acto programado para a tarde de mañá no Cemiterio Municipal de Rianxo por mor da chuvia.  

“É ben curioso que sendo a meirande parte das persoas moradoras nos nosos camposantos galegofalantes en vida, teñan despois que "pervivir" noutra lingua distinta á súa. Os datos son reveladores: só un 3% das esquelas e unha de cada mil lápidas están en galego”. Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística. ​​​​​​​O Concello de Rianxo organizará o vindeiro 31 de outubro, ás 17:00...

Entre os días 9 e 23 de outubro estará aberto o prazo para inscribirse no último dos obradoiros da Escola de Familias 2019: Mindfulness en familia. Impartida por Raquel Bello de Espazo Oikos (psicóloga familiar), a actividade (de 5 sesións) ten un custo de 20 € (individual) e de 25 € (con acompañante da mesma unidade familiar). Están exentas do pagamento aquelas unidades familiares que teñan...

O Proxecto Youtubeir@s, que está organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Rianxo, A Baña, Carballo, Cedeira, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Ames, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña, ten o obxectivo de fomentar a creación de contidos na Rede na nosa lingua.  Youtubeir@s encara neste outono o...

A Xunta de Galicia convoca as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2 e 4 que terán lugar na segunda quincena do mes de novembro de 2019. Persoas destinatarias: maiores de 16 anos, nacionais ou estranxeiras Prazo de matrícula: ata o 1 de outubro de 2019 Lugares de realización das probas: Santiago de Compostela e Ponferrada. Texto da...

O Concello de Rianxo abre o prazo para matricularse no obradoiro Faladoiros de alimentación saudable, dentro do programa da Escola de Familias 2019. Datas: 5 sesións (25 de setembro, 2, 9, 16 e 23 de outubro. Todos mércores) Hora: de 18.30 a 19.30 Lugar: Auditorio de Rianxo Persoas destinatarias: familias con crianzas, persoal educativo (docentes de ensino infantil e primario, educadores/as...

A Xunta de Galicia convoca cursos de lingua galega Celga (preparatorios das probas de acreditación dos distintos niveis do certificado de lingua galega) e cursos de linguaxe administrativa media e superior que se van impartir nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia. Os cursos Celga son presenciais e os de linguaxe administrativa poden cursarse presencialmente ou en liña e desenvolveranse...

Ruta histórica, literaria e paisaxística para familias con crianzas. Día: sábado, 27 de xullo (adiada para o sábado, 3 de agosto). Hora: 11:00 Punto de encontro: Lavadoiro da aldea do Pazo (preto do Castelo da Lúa) Idades recomendadas: persoas acompañadas con crianzas de 0 a 11 anos. Inscrición: Correo electrónico: normalizacion@concelloderianxo.gal...

Entre o martes 25 e o venres 28 de xuño desenvolverase no Auditorio de Rianxo o curso de verán da USC, Galego, porta aberta para o mundo 2: lingua, pensamento e cultura na Galiza e Portugal. O curso, dirixido pola profesora e escritora Teresa Moure, porá o foco nos contactos culturais  realmente existentes entre os pobos galego e portugués, e para iso trataranse temas tan diversos como a...

O proxecto Youtubeir@s, no que o Concello de Rianxo participa xunto con outros 13 concellos, a Deputación da Coruña e as tres universidades galegas, organiza a seguinte actividade formativa: ///////// LISTA DE REPRODUCIÓN AO VIVO /////// O venres 28 de xuño ás 18.00 horas queremos que veñas gozar da Lista de reprodución ao vivo con algúns/algunhas Youtubeir@s do momento! A actividade...

O mércores día 5 tivo lugar a última sesión do Obradoiro de disciplina positiva, impartido pola pedagoga María Paredes. Ata un total de 20 persoas asistiron regularmente a este obradoiro da Escola de Familias do Concello de Rianxo, que constou de cinco sesións en total, repartidas en varios mércores dos meses de maio e xuño. A Concelleira de Benestar, Igualdade e Diversidade en funcións do...

O programa Youtubeir@s 2019, no que o Concello de Rianxo participa, xunto con outros 13 concellos galegos, a Deputación da Coruña e as tres universidades galegas, organiza un encontro para creadores de contidos dixitais no Youtube. Lugar: Centro Cívico Cidade Vella (A Coruña) Día: sábado, 8 de xuño Hora: de 10:30 a 13:30 Para inscribirse hai que facelo a través do correo electrónico...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 50 de 97 resultados.