Normalización Lingüística

Charla educativa encadrada na programación especial do 25N, que procura homes para participar nas actividades relacionadas cos coidados infantís do Programa Apego. - Escola de familias: Quererse ben, a urdime do bo trato, coa psicóloga Natalia Guedella - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Auditorio de Rianxo
Rúa dos Autores da Rianxeira, s/n
15920 Rianxo

Directo: 881 988 798 / Auditorio: 981 100 688 / Concello: 981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

Atención presencial: luns, mércores e venres: de 09.00 a 14.00 h. (recoméndase solicitar cita previa)

Atención telefónica: de luns a venres, de 8.00 a 14.00 h.

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

Escola de familias: Quererse ben, a urdime do bo trato, coa psicóloga Natalia Guedella

Charla educativa encadrada na programación especial do 25N, que procura homes para participar nas actividades relacionadas cos coidados infantís do Programa Apego.

Día: mércores, 18 de novembro

Hora: 16:30

Lugar: Auditorio de Rianxo

Debido á conmemoración do 25N (Día da Eliminación da Violencia contra a Muller), o Proxecto Apego do Concello de Rianxo organizará unha serie de actividades a través das cales procurará a participación activa dos homes do Concello baixo o lema: “Para vivirmos nun Rianxo feminista, trae un home”.

A Escola de familias de Rianxo, organizada conxuntamente polos departamentos de Benestar e Normalización Lingüística,  adoita combinar actividades culturais con outras relacionadas cos coidados infantís, a saúde, etc. Nestas últimas, a organización do programa detectou unha moi baixa participación dos homes, aspecto que segue a constatar a realidade de que en canto a cubrir as necesidades das crianzas no ámbito familiar, a muller segue situándose á fronte. Así, o concello busca pór o foco de atención na necesidade de que os homes se impliquen nestes coidados infantís, polo que os convida a participar en actividades como a deste mércores:

Quererse ben: a urdime dun bo trato é unha charla educativa dirixida pola psicóloga Natalia Guedella que aborda a temática de como acompañar as crianzas con amor e respecto tendo en conta as súas necesidades, desenvolvemento afectivo-sexual, poder e autonomía. Aprender a ser esa urdime coa que sentirse seguros de si mesmos, e desde a que querer e quererse ben, como base do bo trato.

Podes ver o vídeo de Natalia Guedella no que vos anima a participar, aquí.

Dirixido a familias con crianzas, educadoras e demais persoas interesadas.

Modo de inscrición: enviar un correo electrónico a normalizacion@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou chamar ao número de teléfono: 881 988 798

Prazas limitadas