Normalización Lingüística

- Fase local do CLUB DE DEBATE 2018 en Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Auditorio de Rianxo
Rúa dos Autores da Rianxeira, s/n
15920 Rianxo

Directo: 881 988 798 / Auditorio: 981 100 688 / Concello: 981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

Atención presencial: luns, mércores e venres: de 09.00 a 14.00 h. (recoméndase solicitar cita previa)

Atención telefónica: de luns a venres, de 8.00 a 14.00 h.

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

Fase local do CLUB DE DEBATE 2018 en Rianxo

O vindeiro sábado 7 de abril, o auditorio de Rianxo acollerá a FASE LOCAL do Club de Debate 2018, na que participarán, canda o alumnado do IES Félix Muriel, equipos dos IES de Pontevedra, Marín e Dodro.


Nesta xornada da fase comarcal en Rianxo, que comeza ás 9.30 h e que se prolongará durante todo o sábado, participan dous equipos do IES Félix Muriel, formados por 10 alumnas e alumnos cada un, e coordinados por tres profesoras do centro que se encargan da súa preparación.

A organización e as necesidades do certame están xestionadas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, en colaboración cos SNL dos outros concellos participantes.

Nesta fase local participan 8 equipos que realizarán dous debates cada un, defendendo posturas a favor e en contra do argumento escollido para o debate nesta fase local: “A mocidade tamén ten comportamentos machistas”. Serán valorados por un xurado externo, proposto pola organización, formado por cinco persoas do ámbito da normalización lingüística, a docencia e o xornalismo.

O CLUB DE DEBATE é un proxecto de dinamización lingüística entre a mocidade, que ten como finalidade contribuír ao uso oral da lingua galega, e practicar habilidades comunicativas e de relación interpersoal, que promove a reflexión, o respecto, o intercambio de opinións, a tolerancia e o traballo en equipo. O debate ten un formato de concurso que se desenvolve en fases comarcais das que saen dous equipos gañadores, que recibirán senllos premios e que participarán na final galega do Club de Debate 2018, que se celebrará en Ferrol o 5 de maio.