Normalización Lingüística

Rianxo acolleu esta I Asemblea Xeral, ao exercer a presidencia nos dous primeiros anos de existencia da asociación fundada o pasado mes de febreiro en Santiago de Compostela. - I Asemblea Xeral da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Auditorio de Rianxo
Rúa dos Autores da Rianxeira, s/n
15920 Rianxo

Directo: 881 988 798 / Auditorio: 981 100 688 / Concello: 981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

Atención presencial: luns, mércores e venres: de 09.00 a 14.00 h. (recoméndase solicitar cita previa)

Atención telefónica: de luns a venres, de 8.00 a 14.00 h.

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

I Asemblea Xeral da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega

Rianxo acolleu esta I Asemblea Xeral, ao exercer a presidencia nos dous primeiros anos de existencia da asociación fundada o pasado mes de febreiro en Santiago de Compostela.

O pasado martes tivo lugar no Auditorio de Rianxo a I Asemblea Xeral da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, asociación que se fundou o pasado mes de febreiro en Santiago de Compostela e que está formada por 15 concellos galegos que pretenden desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma.

O Concello de Rianxo, que exercerá a presidencia durante os dous primeiros anos, acolleu a representación política e técnica dos demais concellos que pertencen á asociación: A Baña, A Coruña, Ames, Ferrol, Moaña, Narón, O Grove, Ponteceso, Pontevedra, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vilagarcía de Arousa. Esta primeira Asemblea Xeral serviu para aprobar a adhesión de dúas novas entidades socias: os concellos de Betanzos e Redondela, e sobre todo, para determinar cal vai ser o xeito de organizar o traballo da asociación.

Os concellos que forman parte da asociación xa viñan colaborando xuntos en proxectos de promoción da lingua galega, como son os casos do Apego (primeira infancia), o certame Youtubeir@s (tecnoloxías e comunicación) ou o Club de Debate (mocidade). O obxectivo da asociación é promover a colaboración entre as distintas institucións para lograr unha xestión máis eficaz e unha redución considerable nos custos destes e doutros proxectos en materia de lingua, co fin de que poidan estenderse ao conxunto da cidadanía galega.