Normalización Lingüística

- María Victoria Moreno para público escolar - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Auditorio de Rianxo
Rúa dos Autores da Rianxeira, s/n
15920 Rianxo

Directo: 881 988 798 / Auditorio: 981 100 688 / Concello: 981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

Atención presencial: luns, mércores e venres: de 09.00 a 14.00 h. (recoméndase solicitar cita previa)

Atención telefónica: de luns a venres, de 8.00 a 14.00 h.

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

María Victoria Moreno para público escolar

O Servizo de Normalización Lingüística organiza unha actividade para achegar a figura homenaxeada nas Letras Galegas 2018, María Victoria Moreno, á poboación escolar rianxeira.

Trátase de dúas sesións escolares do espectáculo de narración oral MARÍA VICTORIA MORENO, O AMOR POLA LINGUA, que representará a actriz, contadora e escritora Soledad Felloza. Supón unha viaxe aos mundos que viviu e imaxinou a escritora á que se lle dedica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, e un recoñecemento necesario ao seu traballo como creadora e docente, e do seu amor pola lingua galega.

Sole Felloza, igual que María Victoria Moreno, chegou un día a Galicia e namorou da paisaxe, da súa xente e da súa lingua. No espectáculo tenta, a través das palabras da escritora, facer sentir ao público o que sente quen chega a un lugar e descobre que o seu fogar está ali, e que sente a certeza de que non hai xeito de nomear as cousas que están ao seu redor, que non sexa en galego.

As sesións desenvolveranse na mañá do luns 14 de maio, no auditorio de Rianxo, e participará alumnado do CEP Brea Segade e do CEIP A. D. R. Castelao, distribuído en grupos de 5 a 8 anos na primeira sesión, e de 8 a 12 anos na segunda.

Con esta actividade para público escolar, o Concello de Rianxo comeza a celebrar e difundir a figura de María Victoria Moreno no marco da celebración das Letras Galegas 2018.