Normalización Lingüística

Trátase dun proxecto escolar que estará á disposición de toda a cidadanía, a través do cal se recollen cantigas populares en galego de diverso tipo: ciclo festivo, cantos infantís e arrolos, cancións emblemáticas, ritmos bailables, fiadas e seráns, pregarias e esconxuros e cantiga social. - O Concello de Rianxo e o CEP Brea Segade de Taragoña presentan o libro Cancioneiro escolar urxente de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Auditorio de Rianxo
Rúa dos Autores da Rianxeira, s/n
15920 Rianxo

Directo: 881 988 798 / Auditorio: 981 100 688 / Concello: 981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

Atención presencial: luns, mércores e venres: de 09.00 a 14.00 h. (recoméndase solicitar cita previa)

Atención telefónica: de luns a venres, de 8.00 a 14.00 h.

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

O Concello de Rianxo e o CEP Brea Segade de Taragoña presentan o libro Cancioneiro escolar urxente de Rianxo

Trátase dun proxecto escolar que estará á disposición de toda a cidadanía, a través do cal se recollen cantigas populares en galego de diverso tipo: ciclo festivo, cantos infantís e arrolos, cancións emblemáticas, ritmos bailables, fiadas e seráns, pregarias e esconxuros e cantiga social.

O vindeiro luns, 21 de decembro, ás 11.30, no CEP Brea Segade de Taragoña, o Concello de Rianxo e o propio centro escolar presentarán o libro titulado Cancioneiro escolar urxente de Rianxo, unha obra que nace coa vontade de recuperar o patrimonio cultural, musical e lingüístico da vila, xa que nel se recollen cantigas, partituras e historias de moitas composicións rianxeiras que, ou ben non estaban recollidas documentalmente en ningún lado, ou o acceso a estas non resultaba moi doado.

Prosas de Reis, cantigas de Entroido, cantos dos maios, cantigas infantís e arrolos, cancións emblemáticas como a Ondiñas da nosa ría orixinal ou o Paxaro pinto, ritmos bailables, fiadas e seráns, pregarias e esconxuros ou mesmo algunha cantiga de corte social vai ser o que se atope quen decida indagar no contido desta tan interesante como necesaria obra.

O volume, coordinado polo docente e investigador musical José Luís do Pico Orjais, pretende servir á vez de guía e de ferramenta de traballo para que os diferentes axentes municipais implicados na divulgación do patrimonio musical e cultural de Rianxo o poidan empregar nas súas aulas e sesións. Profesorado de música dos centros de ensino, asociacións culturais e musicais do concello, a Escola de Música, a Aula musical da UNED Senior, etc., han ser algúns dos receptores desta obra que vai resultar moi útil desde o punto de vista cultural, social e académico.

Para a cidadanía en xeral, o volume vai a estar á súa disposición a través da Biblioteca Municipal e das bibliotecas escolares, aínda que tamén se poderá descargar desde a páxina web do Concello de Rianxo.

Os contidos do libro estarán ademais, vinculados a outros de tipoloxía dixital que o colexio CEP Brea Segade e o Concello de Rianxo porán a disposición de quen os desexe empregar: unidades didácticas, actividades escolares, audios e vídeos coas interpretacións das cantigas, etc.

Na presentación do luns 21 de decembro participarán a directora do colexio, Alma Caamaño Romero, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez e o coordinador da obra, José Luís do Pico Orjais. Posteriormente, o alumnado do CEP Brea Segade interpretará algunha das cantigas recollidas no volume. A asistencia ao acto, por mor das medidas derivadas da alerta sanitaria, estará limitada a aquelas persoas que dalgún xeito están vinculadas ao proxecto.

O proxecto de edición desta obra foi impulsado conxuntamente polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo e a comunidade escolar do CEP Brea Segade de Taragoña.