Normalización Lingüística

- O IES Félix Muriel de Rianxo participou en Negreira no certame Club de Debate 2019 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Auditorio de Rianxo
Rúa dos Autores da Rianxeira, s/n
15920 Rianxo

Directo: 881 988 798 / Auditorio: 981 100 688 / Concello: 981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

Atención presencial: luns, mércores e venres: de 09.00 a 14.00 h. (recoméndase solicitar cita previa)

Atención telefónica: de luns a venres, de 8.00 a 14.00 h.

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

O IES Félix Muriel de Rianxo participou en Negreira no certame Club de Debate 2019

O pasado venres, 5 de abril, o Auditorio Novo de Negreira acolleu a fase de zona do Club de Debate 2019, na que conseguiron o primeiro e segundo premios, respectivamente o IES Xulián Magariños de Negreira e o CEIP Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro.

Nesta eliminatoria participaron 6 equipos, que debateron durante todo o día no tema proposto previamente: Hai liberdade de expresión nos medios de comunicación, para o que tiveron que presentar argumentos a favor e en contra en dúas quendas de debate, cuxos emparellamentos se determinaron por sorteo.

Partciparon nesta fase previa do Club de Debate equipos dos seguintes centros de ensino: CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, IES Xulián Magariños de Negreira, IES Leixa, IES Canido I e IES Canido II de Ferrol e o IES Félix Muriel de Rianxo.

Cada equipo estivo formado por alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato, cun mínimo de catro membros e un máximo de dez, que non tiveran feitos os 18 anos no momento da inscrición, e por unha persoa preparadora.

O equipo do IES Félix Muriel de Rianxo conseguiu un meritorio 4º posto, tendo en conta que os debates foron moi disputados e equilibrados. O equipo rianxeiro estivo composto por Irene Creo, Paula Tubío, Mario Viñas, Iván López, Andrea Sobradelo, Uxía Moares, Sergio Fernández, Xoel Laíño, Laureano Figueira e Iria Vidal. A preparadora foi a profesora Sofía Rama, que se mostrou moi satisfeita do traballo realizado polo seu alumnado.

O Club de Debate é un proxecto para a dinamización lingüística entre a mocidade organizado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos nesta edición de 2019: Ames, Oleiros, Dodro, Ferrol, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela, Negreira e Teo, coa colaboración dos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino secundario. A súa finalidade é contribuír ao uso oral do galego entre a mocidade e ofrecer recursos para a práctica de habilidades comunicativas e de relación interpersoal, promovendo a reflexión e o intercambio de opinións.

Os dous equipos gañadores da fase local en Negreira participarán na fase final que se celebrará o 11 de maio en Pontevedra, baixo o tema: Falamos na lingua que escollemos. Canda eles participarán tamén 4 equipos máis, os gañadores das outras fases locais, celebradas en Santiago e Pontevedra.