Normalización Lingüística

Acto público e aberto á cidadanía no Cemiterio Municipal de Rianxo para promover o uso do galego nos actos funerarios - Para sempre, en galego - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Auditorio de Rianxo
Rúa dos Autores da Rianxeira, s/n
15920 Rianxo

Directo: 881 988 798 / Auditorio: 981 100 688 / Concello: 981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

Atención presencial: luns, mércores e venres: de 09.00 a 14.00 h. (recoméndase solicitar cita previa)

Atención telefónica: de luns a venres, de 8.00 a 14.00 h.

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

Para sempre, en galego

Acto público e aberto á cidadanía no Cemiterio Municipal de Rianxo para promover o uso do galego nos actos funerarios

“É ben curioso que sendo a meirande parte das persoas moradoras nos nosos camposantos galegofalantes en vida, teñan despois que "pervivir" noutra lingua distinta á súa. Os datos son reveladores: só un 3% das esquelas e unha de cada mil lápidas están en galego”. Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística.

​​​​​​​O Concello de Rianxo organizará o vindeiro 31 de outubro, ás 17:00 h, un acto no Cemiterio Municipal de Rianxo que pretende promover o uso da lingua galega nos actos funerarios: publicación de necrolóxicas, inscricións nas lápidas, redacción de testamentos, etc. Con este fin, convida a veciñanza a participar nunha lectura pública de mandas testamentarias e a asinar unha declaración individual de vontade de ser despedido/a e lembrado/a en galego. O acto estará presidido polo alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.

Que é unha manda testamentaria?

É un pequeno texto xurídico onde alguén recolle unha parte importante dos afectos e sentimentos que se queren transmitir aos herdeiros e a obriga de dar cumprimento ao desexo de administrar o patrimonio común, neste caso, a lingua e a cultura de Galicia.

Unha mostra de mandas testamentarias na seguinte ligazón:

http://www.galeguizargalicia.com/archivos_editor/file/EN%20GALEGO%20XERAL.pdf

Que é unha Declaración individual de vontade de ser despedido/a e lembrado/a en galego? É un escrito onde unha persoa deixa constancia ante aos seus seres queridos e autoridades relixiosas e civís do seu desexo de que todo o relativo aos posibles actos fúnebres e enterro sexan realizados en lingua galega.

Mostra de Declaración individual de vontade de ser despedido/a e lembrado/a en galego

Para participar na lectura de mandas testamentarias e sinatura da declaración individual de vontade de ser despedido/a e lembrado/a en galego teñen que pórse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, a través do correo electrónico: normalizacion@concelloderianxo.gal ou do teléfono: 881 988 891, antes do día 29 de outubro.