Normalización Lingüística

A ruta infantil polo río Te dispón de contidos educativos que se poderán consultar empregando un dispositivo móbil. Tamén contará cun espazo dedicado á promoción do turismo e do lecer familiar neste concello. - Rianxo sinaliza a súa primeira Ruta do Apego interactiva - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Auditorio de Rianxo
Rúa dos Autores da Rianxeira, s/n
15920 Rianxo

Directo: 881 988 798 / Auditorio: 981 100 688 / Concello: 981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

Atención presencial: luns, mércores e venres: de 09.00 a 14.00 h. (recoméndase solicitar cita previa)

Atención telefónica: de luns a venres, de 8.00 a 14.00 h.

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

Rianxo sinaliza a súa primeira Ruta do Apego interactiva

A ruta infantil polo río Te dispón de contidos educativos que se poderán consultar empregando un dispositivo móbil. Tamén contará cun espazo dedicado á promoción do turismo e do lecer familiar neste concello.

O Concello de Rianxo inaugura a súa primeira Ruta do Apego sinalizada e interactiva. Esta ruta, ideada pola Asociación Avoar en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do concello rianxeiro, procura crear un espazo de lecer nun contorno natural para o desfrute libre das crianzas e as súas familias. A ruta conta con 10 puntos informativos onde, a través dunha serie de códigos QR, as persoas que se animen a percorrela accederán a contidos educativos sobre os recursos naturais e patrimoniais de Rianxo: fragas, bosques de ribeira, muíños... Toda esta información se acompaña dunha serie de audios que conteñen cancións, lendas, contos e xogos. O que se busca é que as familias realicen unha ruta activa de sendeirismo coas crianzas á vez que aprenden, practican a lingua galega e se divirten.

Traballo colaborativo

Os contidos da ruta poden consultarse previamente na páxina web que elaborou o concello:

https://rutadoapego.rianxo.gal/

Esta recolle a información necesaria para facer a ruta con garantías: como chegar, onde aparcar, recomendacións xerais…, así como os contidos aos que se accede a través dos códigos QR dispostos nos diferentes puntos sinalizados da ruta. Ademais, a páxina web conta cun videoxogo da Ruta do Apego de Rianxo, onde o polbo Po, mascota do Programa Apego, percorre o río Te e se atopa con moitos amigos curiosos. Na elaboración dos contidos, a Asociación Avoar contou coa colaboración musical de José Luis do Pico Orjais, coa voz de Xesús Santos e co testemuño de Manuel Deira, último habitante do muíño de Francuín.

Na elaboración da Ruta do Apego implicáronse directamente as concellerías de Educación e Normalización e a de Benestar, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo. Adelina Ces e Hadriana Ordóñez, responsables destas áreas, destacaron a transversalidade do proxecto, xa que combina educación, coidados, ecoloxía, promoción económica e turismo.

Proposta que conxuga lecer coa promoción dos recursos locais

A Ruta do Apego de Rianxo procura, deste xeito, animar o turismo familiar no municipio. De aí que unha das seccións da web recolla todas aquelas actividades que se poden realizar con crianzas en Rianxo. Coa colaboración do Servizo de Turismo seleccionáronse lugares para visitar, para ficar a durmir, para comer, para comprar xoguetes, libros…, todo coa idea de gozar dunha experiencia agradable coas crianzas neste concello. Con isto, a actividade vincúlase ao Programa de dinamización lingüística no tecido socioeconómico En Rianxo, ao noso xeito, en que participan máis de 50 empresas de Rianxo.

Programa Apego

O Programa Apego de Rianxo desenvólvese desde a Concellería de Benestar, Igualdade e Diversidade do concello rianxeiro en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, que nesta temporada pandémica viuse obrigado a cancelar as actividades do Espazo Familiar, onde o encontro e a interacción entre crianzas e persoas coidadoras era o eixe vertebrador de toda a súa acción dinamizadora. Co fin de seguir ofrecendo experiencias interesantes e, sobre todo, seguras desde o punto de vista da saúde, creouse esta Ruta do Apego de Rianxo sinalizada e interactiva. Logo de meses en que o espazo familiar se reduciu ás propias casas, a creación de espazos abertos e naturais de convivencia familiar considerouse unha prioridade por parte do Proxecto Apego rianxeiro.

O Bosque do Apego de Rianxo

Actividade complementaria á Ruta do Apego é a creación do Bosque do Apego de Rianxo. Nas marxes do río Te, a carón do percorrido do sendeiro desta ruta, xa se atopan algunhas parcelas repoboadas con frondosas grazas á implicación da comunidade escolar de Rianxo. A partir de agora, cada unha das crianzas que se inscriba no Programa Apego rianxeiro terá a súa árbore propia neste espazo. Con isto, preténdese trasladar a idea de que o futuro das nosas fillas estará ligado á conservación axeitada dos nosos espazos naturais.