Normalización Lingüística

Baixo o lema, Magnetismo en liña, o programa de dinamización lingüística Youtubeiras repartirá un total de 7500 € en premios. - Youtubeiras 2021 centrarase na difusión e na formación en liña - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Auditorio de Rianxo
Rúa dos Autores da Rianxeira, s/n
15920 Rianxo

Directo: 881 988 798 / Auditorio: 981 100 688 / Concello: 981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

Atención presencial: luns, mércores e venres: de 09.00 a 14.00 h. (recoméndase solicitar cita previa)

Atención telefónica: de luns a venres, de 8.00 a 14.00 h.

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

Youtubeiras 2021 centrarase na difusión e na formación en liña

Baixo o lema, Magnetismo en liña, o programa de dinamización lingüística Youtubeiras repartirá un total de 7500 € en premios.

Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos,  entre eles o de Rianxo, das tres universidades e da Deputación da Coruña, lanzan a súa quinta edición cos obxectivos de fomentar a creación e mantemento de canles en Youtube, así como de afondar na formación técnica para as persoas creadoras de contidos en lingua galega na Rede.

Baixo o lema Magnetismo en liña, a iniciativa volverá repartir un total de 7.500 euros en premios nas doce categorías nas que se divide o certame. O concurso estará aberto a todas as persoas maiores de 14 anos con canles de Youtube en galego, autoproducidas e que teñan polo menos cinco vídeos publicados con data posterior ao 23 de outubro de 2020.  O prazo de inscrición abrirase o 10 de setembro e as bases deste ano pódense consultar xa na web www.youtubeiras.gal

Os Premios Youtubeiras, que teñen como finalidade ser acicate da creación en Youtube con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar  as/os youtubeiras/os en galego, ofrecerán unha serie de sesións formativas para procurar a mellora da calidade técnica dos vídeos, por unha banda, e, pola outra, para dotar as persoas creadoras de ferramentas globais para a súa actividade. Deste xeito, a formación será nesta quinta edición máis especializada que en anos anteriores.

Primar as canles  

Nesta quinta edición dos Premios Youtubeiras, a organización quere fomentar a creación e o mantemento de canles, polo que neste 2021 só se poderán presentar canles e non vídeos illados como en anos anteriores. Esa será a gran novidade nas bases destes V Premios Youtubeiras que, por segundo ano consecutivo, se dividen en 12 categorías: canle, vídeo, youtubeir@, calidade lingüística, impacto, calidade técnica, comunicación, creatividade, musical, didáctico, pioneiro e premio do público. Os tres primeiros acompañaranse cunha dotación económica de 1.000 euros, mentres que os nove restantes chegarán aos 500 euros.

Un xurado profesional escollerá as propostas premiadas, agás no caso do premio do público. Neste apartado, os/as seguidores/as serán quen propoñan os seus vídeos preferidos para concorrer neste apartado. As suxestións poderanse facer só a través do formulario habilitado na páxina web do Proxecto Youtubeir@s, cumprirán cos mesmos requirimentos das bases xerais e realizaranse antes do 22 de outubro de 2021.