Mañá xoves 7 de xuño ás 11:30 horas, no salón de plenos do concello de Rianxo, celebrarase o acto de entrega de diplomas aos/ás asistentes ao curso sobre biomasa forestal e fomento do emprego. Curso no que colaborou o concello de Rianxo e que se realizou os pasados meses de abril e maio na parroquia de Asados. No acto de entrega estarán presentes os/as participantes e fará entrega dos diplomas de aproveitamento o Alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.