O Alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e mailo voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Óscar Rial, asinaron esta mañá o acordo que permitirá aprobar as dedicacións dos membros do executivo. A dito acto tamén asistiton: Ademais, o acordo achanda o camiño para a aprobación do orzamento municipal para o exercicio 2024, unhas contas fundamentais para sanear a economía municipal nas que se seguirá traballando nos próximos días, dándolle continuidade así ás xuntanzas levadas a cabo entre os grupos municipais de Rianxo en Común e do PSdeG-PSOE.
O Alcalde, Julián Bustelo, comezou dicindo que “a política é, precisamente, isto que estamos facendo hoxe, é chegar a acordos, a consensos, e pensar fundamentalmente nos veciños e veciñas, que son aos que nos debemos. Este acordo que asinamos hoxe é un acordo que non beneficia nin a Rianxo en Común, nin ao Goberno, nin ao PSdeG-PSOE. É, porén, un acordo que vai beneficiar a toda a cidadanía do noso concello, que aporta estabilidade e un punto de encontro entre as formacións asinantes a partir do que estou seguro que xurdirán futuros acordos para a mellora das infraestruturas e dos servizos municipais”.
Bustelo destacou o traballo levado a cabo polas dúas formacións e agradeceu a disposición e iniciativa do PSdeG-PSOE para buscar o consenso.
Pola súa parte, o voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Óscar Rial expresou “a súa gratitude cara a todas as partes involucradas no proceso de negociación, destacando a vontade da agrupación socialista de cara a chegar a este acordo, e destacou o compromiso compartido de traballar en beneficio de todos os cidadáns de Rianxo.
Ademais, subliñou a importancia da colaboración e o diálogo continuo para lograr resultados significativos e sostibles a longo prazo. “Esperamos traballar en estreita colaboración para poder levar a cabo os puntos que se acordan neste escrito que asignamos hoxe e como punto de partida para futuras implementacións de iniciativas e proxectos que impulsen o desenvolvemento económico, social e cultural do noso Concello”.
O acordo recolle dez liñas estratéxicas de traballo a abordar de maneira conxunta durante os vindeiros meses: • Abordar a modificación do acordo asinado co Concello de Boiro en materia de servizos sociais. • Constitución dunha mesa de traballo coa finalidade de que ambas formacións desenvolvan unha proposta de Plan Concilia Municipal. • Revisión das subvencións nominativas que perciben as entidades deportivas municipais, apostando por un modelo de concorrencia competitiva. Revisarase á alza e de maneira equitativa os importes que as diversas entidades perciben. • Revisar as bases das axudas escolares municipais. • Abordar o proceso de licitación do servizo de abastecemento de auga e saneamento. • Abordar o proceso de licitación do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria. • Abordar a creación da Coordinara de Anpas. • Convocatoria do Consello Escolar Municipal antes da finalización do curso 2023-2024. • Convocatorio da Mesa de Comercio Local durante o mes en curso. • Seguimento do proxecto de construción dunha residencia pública no noso municipio.
Rianxo, 1 de abril de 2024