Notificacións telemáticas - Concello de Rianxo
Subscrición ás NOTIFICACIÓNS TELEMÁTICAS do CONCELLO DE RIANXO
QUE SON as notificacións electrónicas?
A notificación electrónica é un mecanismo telemático de notificación contemplado Lei 39/2015 de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
Substitúe a notificación en papel e ten plena validez xurídica.
QUE TEÑO QUE FACER para que o Concello de Rianxo me notifique de forma electrónica?
O primeiro paso é indicar na solicitude que se queren recibir notificacións telemáticas para os expedientes que xere a dita solicitude.
Os formularios de solicitude do Concello de Rianxo incorporan unha cela na que se pide que se indique o enderezo electrónico habilitado, que non é máis que a conta de correo electrónico na que se recibirán os avisos de que se recibiu unha notificación.
A ONDE me chegan as notificacións?
As notificacións telemáticas chegan a través do servizo Notific@ da Xunta de Galicia: https://notifica.xunta.gal/
Neste portal podemos consultar as notificacións que recibimos e aceptalas ou rexeitalas.
COMO SEI que recibín unha notificación?
Os avisos das notificacións telemáticas chegan ao enderezo electrónico habilitado indicado na solicitude.
O servizo tamén se pode configurar para recibilos por SMS.
QUE NECESITO para acceder ás miñas notificacións?
A nivel técnico, o que se necesita para poder acceder á plataforma Notific@ da Xunta de Galicia é o seguinte:
- Certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365
- Obtención e configuración:
- Certificados FNMT: http://www.cert.fnmt.es/gl/certificados
- DNI-e: https://www.dnielectronico.es/
- A Chave365 pódese obter no teu centro de saúde ou na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365
- Un navegador web moderno actualizado (Google Chrome, Mozilla Firefox)
- Cada navegador e sistema operativo pode presentar particularidades. A Xunta de Galicia proporciona servizo técnico no teléfono 012 e no correo-e 012@xunta.es
- Un enderezo de correo electrónico
- Este enderezo é o chamado enderezo electrónico habilitado
COMO ACCEDO ás notificacións recibidas?
O proceso é o seguinte:
- Accedemos a notifica.xunta.gal
- Prememos en Entrar co certificado dixital ou con Chave365
- Abrimos as notificacións pendentes que desexemos ver, e asinaremos o recibo de lectura
Cando recibimos a primeira notificación, o sistema danos de alta en Notific@ de forma automática (se non o estabamos antes), e seremos subscritos a todos os servizos do Concello de Rianxo.
Se por algún motivo nos deramos de alta na plataforma Notific@ antes de recibir a primeira notificación, deberemos subscribirnos manualmente a todos os servizos do "organismo emisor" Concello de Rianxo, seleccionando todos os servizos e premendo en "subscribir".
QUE OUTRAS COUSAS podo facer?
No menú de opcións de Notific@ podemos configurar as seguintes funcionalidades:
- Modificar os nosos datos persoais.
- É recomendable revisalos a primeira vez que se accede á plataforma.
- Engadir correos electrónicos adicionais para recibir avisos de notificacións.
- Nos datos persoais, no campo de correo electrónico, pódende indicar varios enderezos, separados por punto e coma (;).
- Indicar un número de móbil para recibir os avisos de notificación por SMS.
- Autorizar a outras persoas para que poidan acceder e/ou aceptar notificacións no noso nome.
E se o que necesito é notificar electronicamente ao Concello de Rianxo?
O Concello de Rianxo está dado de alta nos servizos de notificacións telemáticas da Xunta (notifica.xunta.gal) e do Estado (notificaciones.060.es) cos seguintes datos:
- Razón Social: Concello de Rianxo
- NIF: P1507300J
- Enderezo: Praza Castelao, 1
- Teléfono: 981860075
- Móbil: 661932357
- correo-e:
- DEH: P1507300JCON
Departamento de INFORMÁTICA
Concello de Rianxo
informatica@concelloderianxo.gal
Manual de subscrición ás notificacións electrónicas do Concello de Rianxo