Novas Tecnoloxías

Novas Tecnoloxías - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

O Rianxo Gaming é un evento anual dedicado ao mundo dos videoxogos que promove o seu valor cultural e educativo. Cun formato de feira, o evento inclúe unha variedade de actividades como charlas, obradoiros, competicións de eSports, retro-gaming, realidade virtual, tendas e música en directo. No apartado de divulgación educativa, este ano haberá dúas charlas orientadas á mocidade e ás...

A Sede Electrónica do Concello de Rianxo permite, desde xa, buscar e recuperar de forma doada todos os documentos electrónicos que se presentaron a través dela. Esta nova funcionalidade da Sede permite avanzar nos obxectivos da modernización tecnolóxica das administracións públicas. Así, calquera documento xa presentado pode ser recuperado para unha nova solicitude ou trámite. O acceso faise...

O Concello de Rianxo vén de darse de alta como oficina de rexistro e activación de Cl@ve​​​​​​​. Isto supón que a veciñanza pode acudir ao Rexistro Xeral ou aos departamentos de Informática ou Xuventude para obter ou renovar a súa Cl@ve ​​​​​​Permanente ao momento e sen ter que desprazarse. Cl@ve permite realizar trámites con todas as administracións públicas do Estado como rexistrar...

O Concello de Rianxo dá traslado deste comunicado enviado pola FEGAMP sobre o cese das emisións de TDT en definición estándar: Ante a previsión do fin das emisións en calidade estándar (SD) da TDT para o vindeiro 14 de febreiro de 2024, despois de que se ampliase o prazo desde o 1 de xaneiro de 2023, e das informacións aparecidas nos medios de comunicación sobre a afectación desta situación...

O autobús de “Generación D” fai parada en Rianxo con xogos e actividades didácticas, totalmente gratuítos, que axudarán á veciñanza a potenciar a dixitalización e poñer freo á fenda dixital. O autobús parará en Setefogas os días 19 e 20 de xuño de 10 a 13.30 e de 17 a 20.30 h. A frota de “Xeración” D, formada por seis autobuses, desprégase pola provincia da Coruña coa fin de desenvolver e...

O Concello de Rianxo presenta o evento Rianxo Gaming Experience, unha feira sobre o mundo do videoxogo como produto cultural e de entretemento, tanto desde a divulgación de contidos educativos mediante charlas e talleres dirixidos, como tamén desde o ámbito competitivo dos eSports, ademais doutros contidos relacionados, como o Cosplay, PixelArt e postos de venda e gastronomía. Haberá tamén...

A partir de hoxe é posible obter os certificados de empadroamento individuais, histórico e negativo ao momento na Sede Electrónica do Concello de Rianxo, sen agardas nin desprazamentos. O proceso é doado. Abonda con acceder á Sede Electrónica do Concello de Rianxo cun certificado electrónico ou Cl@ve ​​​​​​​e iniciar un trámite de Certificado de Empadroamento. Tras introducir os datos e asinar...

O Concello de Rianxo organiza dous talleres de iniciación á tecnoloxía. Taller de certificado dixital e Sede Electrónica: aprenderase a obter un certificado dixital e a realizar xestións con el nas sedes electrónicas das administracións. O 25 de marzo será unha xornada previa na que se darán os pasos necesarios para solicitar un certificado electrónico, que se obterá ao longo da semana. Tamén...

Ao longo do ano 2022 o proxecto de colaboración que se está a desenvolver entre o Concello de Rianxo e RedeAberta.gal para despregar unha rede neutral de fibra óptica no municipio tornou efectivo en boa parte das parroquias de Rianxo, Taragoña e Leiro, co despregue inicial de fibra e a captación dos primeiros clientes. A empresa instaladora de RedeAberta, Vento Rede, vén de ser adxudicataria...

O Concello de Rianxo organiza dúas actividades nos centros escolares municipais ao longo dos curso 2022-23, dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria. A primeira actividade é un relatorio sobre seguridade e tecnoloxía: "Non enredes nas redes: virus, videoxogos, hackers e youtubers...". Un percorrido pola historia das ameazas e perigos nas redes relacionadas co lecer das crianzas:...

Rematou o Campamento Tecnolóxico do Concello de Rianxo, que durante dúas semanas, do 1 ao 12 de agosto, achegou a 16 mozos e mozas rianxeiros varias actividades relacionadas con diferentes eidos da tecnoloxía. Os contidos cubriron un amplo campo e diversas temáticas, pero sempre enfocando as actividades ao desenvolvemento da creatividade: Creatividade artística e musical, con obxectos...

O Concello de Rianxo organiza un campamento tecnolóxico para mozos e mozas durante a primeira quincena de agosto. O campamento consistirá en actividades tecnolóxicas de marcado carácter creativo, orientadas a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 12 e 17 anos. Terá lugar na Aula de Informática do Auditorio de Rianxo e o número de prazas é de 16. A finalidade destes obradoiros é...

O proxecto de colaboración que se está a desenvolver entre o Concello de Rianxo e RedeAberta.gal para despregar unha rede neutral de fibra óptica vén de materializar a primeira teleoperadora local FibraRianxo.com, que será a empresa de telecomunicacións que prestará os servizos de Internet a través de RedeAberta, ademais doutras solucións de conectividade para zonas rurais e de telefonía móbil....

O Concello de Rianxo e a operadora de telecomunicacións galega RedeAberta.gal están a poñer en marcha un proxecto de colaboración para a despregadura dunha rede neutral de fibra óptica no noso municipio. O obxectivo principal de Rede Aberta é proporcionarlle ao rural galego conectividade de fibra óptica de nova xeración, e que esta chegue "ata a última casa da última aldea", utilizando...

A (Asociación Galega de empresas de Software Libre (AGASOL), no marco do seu convenio de colaboración coa AMTEGA, ofrece dous talleres dentro do proxecto Girl STEAM, derrubando estereotiopos, que está xirando por 18 concellos. O obxectivo deste proxecto é motivar as vocacións tecnolóxicas entre a mocidade, especialmente entre as rapazas, para que aposten por carreiras STEAM (siglas en inglés...

A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais (SETELECO) somete á consulta de todas as partes interesadas (operadoras, administracións públicas, CNMC...) a relación preliminar de zonas nas que se identificou que non existe na actualidade cobertura das redes de comunicacións móbiles 4G de calidade. O obxecto da consulta é a obtención dun mapa definitivo de zonas...

O operador de telecomunicacións galego RedeAberta.gal presentoulle ao Concello de Rianxo o seu proxecto de rede neutral de fibra óptica para o noso municipio. O obxectivo principal de Rede Aberta é proporcionarlle ao rural galego durante os vindeiros anos a conectividade de fibra óptica de nova xeración, e que esta chegue todas as casas das aldeas de Rianxo. O proxecto consiste na dotación da...

O Concello de Rianxo organiza dúas actividades nos centros escolares municipais ao longo dos meses de maio e xuño, dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria. A primeira actividade é un relatorio sobre seguridade e tecnoloxía: "Non enredes nas redes: virus, videoxogos, hackers e youtubers...". Un percorrido pola historia das ameazas e perigos nas redes relacionadas co lecer das crianzas:...

O Concello de Rianxo completou o despregue dos 10 puntos de acceso no noso municipio que conforman a rede pública aberta WiFi4EU. A Axencia Executiva de Innovación e Redes (INEA) da Comisión Europea subvenciona a adquisición do equipamento con 15.000 €, que o Concello completa con 21.749,44 € de fondos propios para garantir o subministro de datos durante os tres vindeiros anos. A iniciativa...

O Concello de Rianxo foi seleccionado para iniciar en período de probas unha colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Deputación da Coruña, de forma que, a través das plataformas de administración electrónica que a Deputación ofrece aos concellos da provincia, a tramitación das licenzas e outros actos urbanísticos vanse simplificar, ao permitir que os concellos...

A compañía de telecomunicacións Telefónica de España, dentro do programa de extensión da banda larga de nova xeración (PEBANG 2018 e PEBANG 2019) do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, está a despregar nova rede de fibra óptica nos núcleos de poboación do municipio de Rianxo. As entidades de poboación incluídas no PEBANG 2018 son as seguintes: Entidade de poboación número...

O Concello de Rianxo ofrece 200 prazas para que a veciñanza poda acceder a unha selección de cursos de formación en liña. As persoas que soliciten a participación no programa de formación deben ser maiores de 16 anos, estar empadroadas no Concello de Rianxo e dispor de equipamento para a conexión á plataforma en liña (un PC con calquera sistema operativo, tableta ou móbil,  e conexión á...

Dende que se decretou o estado de alarma, deuse prioridade á tramitación electrónica, agás para aqueles trámites imprescindibles. Isto supuxo un problema para os veciños e veciñas que non dispoñían xa dun dos medios de autenticación na Sede Electrónica do concello (certificado electrónico, DNI electrónico ou Cl@ve), pois debido ás restricións de circulación, non era posible obter novos...

O Open Source Observatory and Repository (OSOR), un proxecto da Unión Europea, vén de facerse eco do proceso de implantación de Software Libre no Concello de Rianxo, a través dunha entrevista co noso Departamento de Informática. Tras coñecer a posta en marcha do servidor propio de Jitsi, o sistema libre de vídeo-conferencia, Gijs Hillenius, integrante do OSOR, contactou co Departamento de...

Jitsi é un proxecto libre de código aberto que desenvolve unha plataforma de vídeo-conferencia múltiple, que pode utilizar o público en xeral como unha alternativa a outras solución privativas como Skype, Hangouts, Duo ou Zoom. Pódese utilizar dende o navegador web dun computador (Linux, Windows ou macOS) sen necesidade de instalar software adicional, ou dende a App para móbiles Android e...

O Concello de Rianxo iniciou o reparto de equipos informáticos entre o alumnado de primaria, que se completará ao longo desta semana con conexións wifi para todos aqueles alumnos e alumnas que non dispoñan do equipamento e a conectividade necesarios para poderen seguir o terceiro trimestre do curso de forma telemática. A listaxe do alumnado con estas necesidades específicas foi proporcionado...

Aproveitando a situación de crise sanitaria e o aumento do teletraballo e as comunicacións electrónicas polo confinamento, estase a producir un incremento de correos e mensaxes de móbil falsas (que semellan vir da Axencia Tributaria, entidades bancarias, etc.) que están pensados para enganarnos e obter os nosos datos privados ou claves de acceso, coa intención de roubarnos información ou...

O Concello de Rianxo propón investir parte do tempo de confinamento durante esta crise cunha iniciativa de creación de contidos dixitais de todo tipo: música, contos, monólogos, divulgación... para seren publicados na canle de YouTube ou compartidos nas propias redes sociais co hashtag #RXtreaming A fin é a de ​​​​​​​combater o aburrimento e fomentar a creatividade, ao tempo que reforzar o...

O Concello de Rianxo acaba de sacar a licitación o subministro de WiFi aberta e de balde para espazos públicos do Concello. Serán máis de dez os puntos previstos que inclúen canda menos un punto por parroquia nos centros culturais, en prazas e mesmo algunha praia que este mesmo verán podería ter ese servizo. Unha vez adxudicado hai un período dun mes para executar os traballos. O Concello de...

A Deputación da Coruña está a desenvolver o proxecto PEL-Concellos no Concello de Rianxo. Dentro das actuacións, dirixidas a mellorar a dixitalización das entidades locais da provincia e a comunicación electrónica coa cidadanía, por medio de axentes dinamizadoras, o proxecto pon en marcha un novo servizo presencial de atención á cidadanía e ás entidades asociativas. O vindeiro mércores 26 de...

A Fegamp acaba de asinar coa Amtega un Convenio Marco de colaboración para a posta en marcha de actuacións encamiñadas a mellorar a cobertura de comunicacións móbiles no rural de Galicia, cofinanciadas parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no Marco do PDR de Galicia 2014-2020. Os concellos podemos achegar información sobre núcleos de poboación nos que non hai...

CAMBIO DA XORNADA DO LUNS 23 PARA O XOVES 2 DE XANEIRO ÁS 10.30 h​​​​​​​ A Deputación da Coruña organiza, a través do programa PEL-Concellos dixitais, unha xornada formativa na plataforma SUBTEL para a solicitude e tramitación das subvencións da Deputación da Coruña. Está dirixida ás entidades asociativas (culturais, deportivas, comerciais, veciñanza) ou outros colectivos ou particulares que...

O 17 de maio é o día da Internet. Cada vez máis, a tecnoloxía permítenos avanzar no desenvolvemento dunha comunicación máis fluída entre a cidadanía e as administracións. Con esta guía, o Concello de Rianxo pretende achegar á veciñanza os medios tecnolóxicos que están á súa disposición para faceren trámites dende a casa, dende o móbil, dende calquera lugar, sen se teren que achegar ás...

A Xunta de Galicia, co Plan de Banda Larga 2020, e a Administración Xeral do Estado, co Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración, están a promover de xeito complementario no concello de Rianxo o despregamento das redes ultrarrápidas de acceso á Internet. Telefónica SA é a empresa beneficiaria dunha subvención da Xunta de Galicia de 14,2 millóns de euros, cofinanciados co Fondo...

O Concello de Rianxo iniciou hoxe, xoves 1 de xuño, a dixitalización total da documentación que se presenta no Rexistro Xeral do concello. Polo tanto, agora as persoas físicas que presentan documentación de forma presencial no Rexistro Xeral do concello non precisan entregar fotocopias, xa que a documentación orixinal será dixitalizada e cotexada para conformar un documento electrónico...

O Concello de Rianxo, xunto con outros seis concellos da provincia, será pioneiro na conexión dunha entidade local ao Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR), que permitirá conectar todos os rexistros das oficinas da Administración do Estado, dentro dunha iniciativa do equipo de implantación da administración electrónica da Deputación da Coruña, entidade que xestiona nos concellos da...

O Concello de Rianxo pon en marcha un proxecto piloto da Deputación da Coruña para emitir notificacións electrónicas daqueles expedientes para os que as persoas solicitantes o requiran. A notificación electrónica é un mecanismo telemático de notificación contemplado na Lei 11/2007 de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Substitúe a notificación en papel e ten plena validez...

O Concello de Rianxo pon en marcha unha canle de Telegram para a difusión de información municipal. Subscríbete para recibir as alertas ao instante no teu dispositivo con Telegram de toda a información que se lanza ás redes sociais. A túa subscrición é invisible para as demais persoas subscritoras. O Telegram é unha aplicación multiplataforma de mensaxería instantánea que podes utilizar en...

O GULIR (Grupo de usuarios de Linux de Rianxo) celebra o 17 de Maio, día da Internet, cunha exposición de aparellos feitos na casa e antigüidades e relatorios sobre software libre e as TIC. Máis información en http://www.rianxo.com/17demaiodiadainternet

O Grupo de Usuarios de Linux de Rianxo (GULIR) organiza, coa colaboración do Concello de Rianxo, unha xornada sobre as Tecnoloxías da Información e a Comunicación no Día da Internet. As actividades a desenvolver están dirixidas a todos os públicos, e inclúen relatorios, unha mostra tecnolóxica e actividades de lecer. A programación confirmada pódese ir consultando no espazo dedicado...

O Concello de Rianxo organiza ao longo do mes de agosto, coa colaboración da Asociación Rianxo Sen Cabos, unhas xornadas abertas das TIC nas que se propoñen tres accións divulgativas: Introdución á programación Multimedia Xestión de proxectos A inscrición nas diferentes propostas pódese facer en liña no enderezo web www.concelloderianxo.es/inscricions Descarga do cartel ...

— Resultados por páxina
Mostrando 41 resultados.