Novas Tecnoloxías

- A Sede Electrónica permite recuperar todos os documentos electrónicos xa presentados - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

A Sede Electrónica permite recuperar todos os documentos electrónicos xa presentados

A Sede Electrónica do Concello de Rianxo permite, desde xa, buscar e recuperar de forma doada todos os documentos electrónicos que se presentaron a través dela.

Esta nova funcionalidade da Sede permite avanzar nos obxectivos da modernización tecnolóxica das administracións públicas. Así, calquera documento xa presentado pode ser recuperado para unha nova solicitude ou trámite.

O acceso faise a través da sección Os meus documentos que está localizada na sección As miñas xestións​​​​​​​.

Para o acceso á Sede Electrónica e a presentación de documentación é necesario certificado electrónico, DNI electrónico ou Cl@ve, que podes obter de forma doada no Rexistro Xeral do Concello ou no Auditorio co novo servizo de activación de Cl@ve Permanente​​​​​​​.