Novas Tecnoloxías

- Actividades sobre ciberseguridade e videoxogos nos centros de ensino - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Actividades sobre ciberseguridade e videoxogos nos centros de ensino

O Concello de Rianxo organiza dúas actividades nos centros escolares municipais ao longo dos curso 2022-23, dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.

A primeira actividade é un relatorio sobre seguridade e tecnoloxía: "Non enredes nas redes: virus, videoxogos, hackers e youtubers...". Un percorrido pola historia das ameazas e perigos nas redes relacionadas co lecer das crianzas: videoxogos, redes sociais e contidos na rede.

A segunda actividade consiste nun obradoiro de elaboración dun videoxogo sen coñecementos de programación no que, desde cero, as crianzas poderán construír, en moi pouco tempo, un pequeno videoxogo para dispositivos móbiles.

A primeira actividade terá lugar o 20 e 21 de decembro no CEIP Castelao de Rianxo. Ao longo do curso repetirase no CEIP Ana María Diéguez e no CEP Brea Segade de Taragoña.