Novas Tecnoloxías

- Automatización da emisión dos certificados de empadroamento na Sede Electrónica - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Automatización da emisión dos certificados de empadroamento na Sede Electrónica

A partir de hoxe é posible obter os certificados de empadroamento individuais, histórico e negativo ao momento na Sede Electrónica do Concello de Rianxo, sen agardas nin desprazamentos.

O proceso é doado. Abonda con acceder á Sede Electrónica do Concello de Rianxo cun certificado electrónico ou Cl@ve ​​​​​​​e iniciar un trámite de Certificado de Empadroamento. Tras introducir os datos e asinar a solicitude, o certificado xa estará dispoñible para a súa descarga na carpeta do cidadán.

Este proceso automático só é posible para os certificados individuais (e os individuais histórico e negativo), mais non para os certificados colectivos, que requirirán a comprobación previa do persoal municipal de que existe a autorización de todas as persoas que convivan no mesmo domicilio a figuraren os seus datos no certificado.