Novas Tecnoloxías

- Aviso ante correos e mensaxes fraudulentas - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Aviso ante correos e mensaxes fraudulentas

Aproveitando a situación de crise sanitaria e o aumento do teletraballo e as comunicacións electrónicas polo confinamento, estase a producir un incremento de correos e mensaxes de móbil falsas (que semellan vir da Axencia Tributaria, entidades bancarias, etc.) que están pensados para enganarnos e obter os nosos datos privados ou claves de acceso, coa intención de roubarnos información ou suplantarnos no acceso ás nosas contas ou equipos.

SE RECIBES UN CORREO OU MENSAXE SOSPEITOSA E TES DÚBIDA DA SÚA AUTENTICIDADE:

Consúltanos. Reenvíao ou envía unha foto a:

COMPROBAREMOS SE É SEGURO OU FALSO E REPORTARÉMOLO ÁS AUTORIDADES.