Novas Tecnoloxías

- Despregamento das redes de acceso á Internet no Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Despregamento das redes de acceso á Internet no Concello de Rianxo

A Xunta de Galicia, co Plan de Banda Larga 2020, e a Administración Xeral do Estado, co Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración, están a promover de xeito complementario no concello de Rianxo o despregamento das redes ultrarrápidas de acceso á Internet.

Telefónica SA é a empresa beneficiaria dunha subvención da Xunta de Galicia de 14,2 millóns de euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) coa que está a despregar redes ultrarrápidas que posibilitarán servizos de acceso a Internet de máis de 100 Mbps simétricos mediante fibra óptica nos seguintes núcleos:

  • BUÍA
  • CAPELA (A)
  • MIRÁNS (AS)
  • TRABA
  • DEVESA (A)
  • MARQUESA (A)
  • SOIGREXA
  • ABUÍN
  • IGREXA (LEIRO)
  • BARRAL
  • BURATA (A)
  • BURATO (O)
  • CARTOMIL
  • CUVIDE
  • CHORENTE
  • FONTE SUSÁN
  • IGREXA (TARAGOÑA)
  • OUTEIRO

Adicionalmente, en novembro de 2018 o Estado concedeu novas subvencións para dotar de acceso as seguintes entidades:

  • XENS (OS)
  • ASADELOS
  • BURÉS
  • LUSTRES
  • SOMOZA
  • VILAS
  • VILLANUSTRE
  • MONTE GRANDE
  • SANTA LUCÍA
  • VACARIZA (A)
  • BRIÓN
  • PEDREIRA (A)
  • CORTES
  • PAZO (O)
  • BOSQUE (O)
  • CARBALLEIRA (A)
  • CRUCEIRO (RIANXO)
  • XOGO DOS BOLOS
  • CASTRIÑO (O)
  • CRUCEIRO (TARAGOÑA)
  • CRUZ (A)

Estas actuacións do Estado únense ás xa previstas en plans anteriores nos seguintes núcleos:

  • ATALAIA
  • QUINTÁNS
  • RIAL
  • RIANXIÑO ZONA ALTA
  • FACHÁN

Así mesmo, prevese que neste ano e nos seguintes o Estado publique novas convocatorias de subvencións coas que os operadores poderán continuar co despregamento destas redes.

Tamén, o DOG publicou o 9 de novembro de 2018 a convocatoria para a dotación de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas de zonas do rural galego, enmarcada no Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia, que ten aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 31 de xaneiro de 2019. O principal requisito dos solicitantes é o de non dispoñer actualmente de cobertura de máis de 30Mbps ni previsión da mesma.