Novas Tecnoloxías

- Enquisa de cobertura e incidencias nas instalacións de fibra óptica - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Enquisa de cobertura e incidencias nas instalacións de fibra óptica

O Concello de Rianxo e a operadora de telecomunicacións galega RedeAberta.gal están a poñer en marcha un proxecto de colaboración para a despregadura dunha rede neutral de fibra óptica no noso municipio.

O obxectivo principal de Rede Aberta é proporcionarlle ao rural galego conectividade de fibra óptica de nova xeración, e que esta chegue "ata a última casa da última aldea", utilizando diferentes medios e infraestruturas, tanto privados como públicos, e impulsando a implicación de empresas operadoras locais e comarcais para a dotación do servizo de datos.

Co fin de recoller datos sobre as dificultades que a veciñanza ten á hora de solicitar as súas conexións de fibra óptica coas operadoras de telecomunicacións que actualmente ofrecen este servizo, tales como falta de cobertura, dificultade para atopar o número ou a finca, denegación de permiso de particulares ou a necesidade de infraestruturas (postes, conducións...) adicionais, o Concello de Rianxo pon en marcha unha enquisa para complementar o traballo que o equipo técnico de Rede Aberta xa está a realizar polo territorio municipal.

Os datos recollidos serán cedidos a Rede Aberta coa única finalidade da redacción do proxecto e de ofrecer información futura á veciñanza interesada.