Novas Tecnoloxías

- Enquisa de zonas de deficiencia na cobertura de redes móbiles - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Enquisa de zonas de deficiencia na cobertura de redes móbiles

A Fegamp acaba de asinar coa Amtega un Convenio Marco de colaboración para a posta en marcha de actuacións encamiñadas a mellorar a cobertura de comunicacións móbiles no rural de Galicia, cofinanciadas parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no Marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Os concellos podemos achegar información sobre núcleos de poboación nos que non hai cobertura ou é deficiente.

O Concello de Rianxo, como socio da Fegamp, poñerá a disposición da Amtega as parcelas municipais necesarias para a instalación de antenas destinadas a cubrir as deficiencias nas zonas indicadas, especialmente nos núcleos rurais.

A Amtega, tras facer as comprobacións oportunas sobre o terreo, determinará con criterios técnicos obxectivos  as zonas nas que actuar para iniciar o concurso para as operadoras interesadas.

O concello pon a disposición da veciñanza unha enquisa para recoller información sobre as zonas con cobertura móbil deficiente: