Novas Tecnoloxías

- Facilidades para a tramitación electrónica durante o estado de alarma - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Facilidades para a tramitación electrónica durante o estado de alarma

Dende que se decretou o estado de alarma, deuse prioridade á tramitación electrónica, agás para aqueles trámites imprescindibles.

Isto supuxo un problema para os veciños e veciñas que non dispoñían xa dun dos medios de autenticación na Sede Electrónica do concello (certificado electrónico, DNI electrónico ou Cl@ve), pois debido ás restricións de circulación, non era posible obter novos certificados.

Conscientes deste feito, dende este Concello solicitamos á Deputación da Coruña a flexibilización dos requirimentos de autenticación na Sede Electrónica, asunto que se vén de resolver.

Polo tanto, mentres dure o estado de alarma, o nivel de seguridade da Sele Electrónica do Concello de Rianxo está en nivel baixo, o que significa que se poden realizar trámites só con estar dado de alta no sistema Cl@ve (abonda estar de alta no sistema Cl@ve coa carta de invitación).

Asemade, os trámites urxentes pódense presentar de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello con cita previa​​​​​​​, que determinará a urxencia da solicitude.

As dúbidas a este respecto resolveranse no correo sede@concelloderianxo.gal