Novas Tecnoloxías

- Fin do Campamento Tecnolóxico - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Fin do Campamento Tecnolóxico

Rematou o Campamento Tecnolóxico do Concello de Rianxo, que durante dúas semanas, do 1 ao 12 de agosto, achegou a 16 mozos e mozas rianxeiros varias actividades relacionadas con diferentes eidos da tecnoloxía.

Os contidos cubriron un amplo campo e diversas temáticas, pero sempre enfocando as actividades ao desenvolvemento da creatividade:

  • Creatividade artística e musical, con obxectos interactivos, mediante circuítos electrónicos
  • Historia dos gráficos nos videoxogos e pixel art para crear personaxes
  • Deseño web con HTML e CSS, e programación web con Javascript para o deseño de xogos
  • Creación de xogos 2D con GDevelop
  • Deseño e programación de robots con Arduino
  • Gamer por un día: preparación dun evento de streaming