Novas Tecnoloxías

- Licitación da rede wifi pública do proxecto WiFi4EU - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Licitación da rede wifi pública do proxecto WiFi4EU

O Concello de Rianxo acaba de sacar a licitación o subministro de WiFi aberta e de balde para espazos públicos do Concello. Serán máis de dez os puntos previstos que inclúen canda menos un punto por parroquia nos centros culturais, en prazas e mesmo algunha praia que este mesmo verán podería ter ese servizo. Unha vez adxudicado hai un período dun mes para executar os traballos.

O Concello de Rianxo foi seleccionado como beneficiario do proxecto WiFi4EU da Axencia Executiva de Innovación e Redes (INEA) da Comisión Europea.

A iniciativa WiFi4EU promove o libre acceso da cidadanía a conexións wifi abertas e gratuítas en espazos públicos de municipios de toda Europa.

O prego de prescricións técnicas describe as condicións que rexerán a contratación do subministro do equipamento necesario para dar cobertura wifi ás zonas seleccionadas e a instalación e posta en funcionamento, así como os servizos de mantemento do equipamento e das conexións de datos durante o período de 3 anos que contempla o acordo asinado coa Comisión Europea para facer efectiva a subvención.

Posto que nesta licitación se inclúen tanto a instalación dos elementos WiFi como as conexións á Internet, este último servizo pode ser dado a través de subcontrato ou unión temporal entre empresas.

Segundo este convenio, o abono da subvención farase mediante pagamento directo á empresa instaladora, e estará condicionado ao cumprimento do dito convenio. O contrato entenderase como efectivamente realizado cando o uso dos portais de conexión por parte da cidadanía sexa efectiva.

A licitación farase por medios electrónicos na Plataforma de contratación do sector público (ligazón directa)