Novas Tecnoloxías

- Novo servizo de soporte do plan PEL-Concellos a cidadás e asociacións - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Novo servizo de soporte do plan PEL-Concellos a cidadás e asociacións

A Deputación da Coruña está a desenvolver o proxecto PEL-Concellos no Concello de Rianxo.

Dentro das actuacións, dirixidas a mellorar a dixitalización das entidades locais da provincia e a comunicación electrónica coa cidadanía, por medio de axentes dinamizadoras, o proxecto pon en marcha un novo servizo presencial de atención á cidadanía e ás entidades asociativas.

O vindeiro mércores 26 de febreiro, de 9 a 14 h, unha axente do PEL estará dispoñible na Aula de informática (Auditorio de Rianxo) para resolver as dúbidas que as asociacións e a veciñanza teñan sobre:

  • a Sede Electrónica e os mecanismos de comunicación electrónicos coas administracións
  • a plataforma Subtel de solicitude de subvencións á Deputación da Coruña

así como outras dúbidas relacionadas cos servizos electrónicos das administracións, certificados electrónicos, etc.

Non é necesaria cita previa.