Novas Tecnoloxías

CL@VE permite realizar trámites, presentar documentos e facer consultas de forma electrónica ante o Concello de Rianxo e as outras administracións, como a Xunta de Galicia, Seguridade Social, Axencia Tributaria, Catastro, DGT, Servizo Estatal de Emprego, Universidades, etc. - O Concello de Rianxo convértese en punto de rexistro e activación de Cl@ve - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

O Concello de Rianxo convértese en punto de rexistro e activación de Cl@ve

CL@VE permite realizar trámites, presentar documentos e facer consultas de forma electrónica ante o Concello de Rianxo e as outras administracións, como a Xunta de Galicia, Seguridade Social, Axencia Tributaria, Catastro, DGT, Servizo Estatal de Emprego, Universidades, etc.

O Concello de Rianxo vén de darse de alta como oficina de rexistro e activación de Cl@ve​​​​​​​.

Isto supón que a veciñanza pode acudir ao Rexistro Xeral ou aos departamentos de Informática ou Xuventude para obter ou renovar a súa Cl@ve ​​​​​​Permanente ao momento e sen ter que desprazarse.

Cl@ve permite realizar trámites con todas as administracións públicas do Estado como rexistrar solicitudes, presentar documentación, facer consultas ou obter certificados, desde a casa ou o móbil e sen ter que gardar cola ou desprazarse.

Podes obtelo nas seguintes oficinas municipais:

  • Rexistro Xeral, Casa do Concello, Praza Castelao 1, en horario de 09.00 a 13.00 h
  • Departamentos de Informática e Xuventude, no Auditorio de Rianxo, Rúa dos Autores da Rianxeira, en horario de 08.00 a 15.00 h (recoméndase pedir antes cita previa no 981100688)

Só necesitas presentar o DNI e, no caso de seres menor, que che acompañe o teu pai, nai ou titor/a e un documento acreditativo do parentesco (libro de familia, certificado do rexistro civil ou resolución xudicial da patria potestade)

 


Algúns dos trámites que podes facer con Cl@ve:

  • Presentar solicitudes no Concello de Rianxo a través da Sede Electrónica
  • ​​​​​​​Obter ao momento un certificado de empadroamento
  • Enviar documentación á Xunta de Galicia e rexistrar solicitudes
  • Consultar e modificar os datos catastrais dos teus inmobles
  • Obter a túa vida laboral
  • Presentar a declaración da Renda
  • Xestionar as demandas de emprego e as prestacións
  • Obter certificados de antecedentes penais ou de delitos sexuais
  • Consultar os puntos do carné de conducir
  • Trámites co sistema educativo e universidades
  • e moitos máis