Novas Tecnoloxías

- O Concello de Rianxo implanta Jitsi, a ferramenta de videoconferencia libre - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

O Concello de Rianxo implanta Jitsi, a ferramenta de videoconferencia libre

Jitsi é un proxecto libre de código aberto que desenvolve unha plataforma de vídeo-conferencia múltiple, que pode utilizar o público en xeral como unha alternativa a outras solución privativas como Skype, Hangouts, Duo ou Zoom.

Pódese utilizar dende o navegador web dun computador (Linux, Windows ou macOS) sen necesidade de instalar software adicional, ou dende a App para móbiles Android e iPhone. As comunicacións son seguras, non requiren de rexistro previo e as sesións pódense emitir en directo no YouTube. A aplicación permite ademais compartir o escritorio e inclúe mensaxería grupal en directo.

O Concello de Rianxo vén de despregar un servidor propio para a celebración das sesións dos órganos colexiados (Comisións Informativas, Xuntas de Goberno, Plenos, Mesas de Contratación, etc.) que pon ademais a disposición dos equipos directivos dos centros escolares do municipio para o seu uso propio e o do profesorado.

Asemade, se outros colectivos municipais desexan facer uso do servizo propio do Concello, poden solicitalo. En todo caso, toda a veciñanza pode facer uso da aplicación nos servidores públicos de Jitsi:

NOTA: se ben as traducións á lingua galega están incluídas no proxecto, as versións publicadas aínda non as inclúen, polo que, de termos o móbil ou o navegador en galego, a app e a web aparecerán en inglés (se ben na web pódese mudar o idioma na configuración). O servidor do Concello de Rianxo si inclúe a lingua galega.