Novas Tecnoloxías

- O proxecto de fibra neutral de Rede Aberta xa é unha realidade coa creación de Fibra Rianxo, un teleoperador local - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

O proxecto de fibra neutral de Rede Aberta xa é unha realidade coa creación de Fibra Rianxo, un teleoperador local

O proxecto de colaboración que se está a desenvolver entre o Concello de Rianxo e RedeAberta.gal para despregar unha rede neutral de fibra óptica vén de materializar a primeira teleoperadora local FibraRianxo.com, que será a empresa de telecomunicacións que prestará os servizos de Internet a través de RedeAberta, ademais doutras solucións de conectividade para zonas rurais e de telefonía móbil.

A rede empezarase a despregar ao longo de 2022 en 3 fases, ata chegar "ata a última casa da última aldea", seguindo a mesma filosofía que RedeAberta está a desonvolver noutros concellos nos que xa ten presencia.

Con esta colaboración o Concello de Rianxo pretende axudar a dar solución aos problemas de cobertura de redes de alta velocidade que sofren non poucos núcleos rurais e incluso urbanos do municipio.