Novas Tecnoloxías

- Obradoiros de tecnoloxía STEAM, derrubando estereotiopos. - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Obradoiros de tecnoloxía STEAM, derrubando estereotiopos.

A (Asociación Galega de empresas de Software Libre (AGASOL), no marco do seu convenio de colaboración coa AMTEGA, ofrece dous talleres dentro do proxecto Girl STEAM, derrubando estereotiopos, que está xirando por 18 concellos.

O obxectivo deste proxecto é motivar as vocacións tecnolóxicas entre a mocidade, especialmente entre as rapazas, para que aposten por carreiras STEAM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas) e polas profesións do ámbito das TIC.

Os contidos dos talleres son os seguintes, adaptados ás idades e caracterśiticas de cada grupo, introducindo cuestións como  igualdade, sentido crítico ante a tecnoloxía ou o seu uso de xeito creativo, máis aló do mero consumo, a colaboración e o traballo en equipo, así como a  importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento:

  • Tarxeta micro:bit: para aprender a programar de xeito fácil e divertido
  • Maching learning for kids: ferramenta para achegarnos á Intelixencia Artificial
  • Makey Makey: kit de creación interactivo para experimentar, investigar, é ideal para practicar nunha contorna real a programación con Scratch.
  • Circuitos en papel: crearemos un circuíto eléctrico co obxectivo de facer billar un LED nun papel ou tela,  tamén podemos incluír diferentes sensores e actuadores e  facer  cómics, postales pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva...

Desenvolveranse dous talleres na ​​​​​​​Aula de Informática (Auditorio de Rianxo) cos seguintes horarios:

  • Venres 1 de outubro de 17 a 20 h, para a rapazada de 8 a 11 anos
  • Sábado 2 de outubro de 10.30 a 13.30 h, para a rapazada de 12 a 15 anos

As prazas son limitadas, e a inscrición de balde no correo electrónico xuventude@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 181 401.