Novas Tecnoloxías

- Préstamo de equipos informáticos e conexións wifi entre o alumnado - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Préstamo de equipos informáticos e conexións wifi entre o alumnado

O Concello de Rianxo iniciou o reparto de equipos informáticos entre o alumnado de primaria, que se completará ao longo desta semana con conexións wifi para todos aqueles alumnos e alumnas que non dispoñan do equipamento e a conectividade necesarios para poderen seguir o terceiro trimestre do curso de forma telemática.

A listaxe do alumnado con estas necesidades específicas foi proporcionado polos centros educativos tras unha enquisa cos pais e coas as nais.

Os equipos, que foron cedidos polo IES Félix Muriel, son parte do proxecto Abalar e utilizan a distribución propia do proxecto, Abalar Libre.

O Abalar Libre é un sistema moi lixeiro, que pode executarse e instalarse en ordenadores antigos, pero que contén todas as ferramentas básicas actualizadas e unha grande cantidade de software educativo libre. É a distribución Linux que adoitan usar nos centros escolares no equipo do alumnado, e pode ser descargada, probada e instalada de balde en PCs con moi poucos recursos: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/maqueta-abalar-libre ​​​​​​​