Novas Tecnoloxías

- RedeAberta presenta o seu proxecto de Fibra Óptica Neutral Galega para Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

RedeAberta presenta o seu proxecto de Fibra Óptica Neutral Galega para Rianxo

O operador de telecomunicacións galego RedeAberta.gal presentoulle ao Concello de Rianxo o seu proxecto de rede neutral de fibra óptica para o noso municipio.

O obxectivo principal de Rede Aberta é proporcionarlle ao rural galego durante os vindeiros anos a conectividade de fibra óptica de nova xeración, e que esta chegue todas as casas das aldeas de Rianxo.

O proxecto consiste na dotación da rede de fibra óptica propia utilizando diferentes medios e infraestruturas, tanto privados como públicos, coa colaboración co Concello de Rianxo mediante a sinatura dun convenio. Esta rede permitiralle á veciñanza contratar os servizos de fibra con calquera operador, máis o proxecto tenta acadar a implicación das teleoperadoras locais e comarcais, e mesmo promove a creación de empresas operadoras locais, facilitándolles o coñecemento da experiencia acadada nos casos implantados con éxito.

A filosofía da rede está expresada na web redeaberta.gal , unha rede sustentable, respectuosa co medio natural, que garanta condicións de igualdade, competencia e non discriminación para todos os operadores e un compromiso de servizo responsable coa veciñanza.