Novas Tecnoloxías

- Xornada formativa na plataforma SUBTEL para asociacións - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Xornada formativa na plataforma SUBTEL para asociacións

CAMBIO DA XORNADA DO LUNS 23 PARA O XOVES 2 DE XANEIRO ÁS 10.30 h​​​​​​​

A Deputación da Coruña organiza, a través do programa PEL-Concellos dixitais, unha xornada formativa na plataforma SUBTEL para a solicitude e tramitación das subvencións da Deputación da Coruña.

Está dirixida ás entidades asociativas (culturais, deportivas, comerciais, veciñanza) ou outros colectivos ou particulares que podan necesitar tramitar nesta plataforma.

A xornada formativa, cunha duración aproximada de 90 minutos, impartirase na Aula de Informática (Auditorio de Rianxo) en dúas quendas diferentes para facilitar a asistencia dos colectivos a unha delas: o mércores 4 de decembro polo serán (18.00 h) ou o luns 23 pola mañá (12.00 h).

Recoméndase inscribirse previamente mediante correo electrónico a informatica@concelloderianxo.gal ​​​​​​​para garantir a dispoñibilidade de prazas.