O Servizo de Deportes

O Servizo de Deportes - Concello de Rianxo

RECURSOS HUMANOS

RESPONSABLE POLÍTICO

Concelleiro de Deportes
Julio Alcalde
​​​​​​​julio.alcalde@concelloderianxo.gal

PERSOAL DO SERVIZO

Persoal técnico

Técnico de Deportes - Coordinador do departamento
Ramón Villanustre Ordóñez
Licenciado en Educación Física (Inef Galicia)
Postgrao en Xestión Deportiva Municipal (Universidade de Barcelona)

moncho.villanustre@concelloderianxo.gal
Animador Deportivo
José Miguel Castelo Collazo
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte (Inef Galicia)
miguel.castelo@concelloderianxo.gal
Animador Deportivo
Bernardo Rial Lago
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte (Inef Galicia)
Diplomado en Maxisterio (Especialidade Educación Física)

bernardo.rial@concelloderianxo.gal

Persoal de servizos e conserxería

Conserxe
José Carou Cerqueiras
jose.carou@concelloderianxo.gal
Conserxe
​​​​​​​Martín Torres Ordóñez
martin.torres@concelloderianxo.gal  ​​​​​​​​​
Conserxe
Cristina Rey Fernández
cristina.rey@concelloderianxo.gal  ​​

 

O Servizo de Deportes

Misión

A misión do Servizo de Deportes é promocionar e fomentar a actividade físico-deportiva en Rianxo, achegándoa ao conxunto da sociedade, adaptándoa ás necesidades de cada colectivo e colaborando cos axentes sociais vencellados ao deporte.

Liñas de Actuación

O traballo do Servizo de Deportes a prol da dinamización do deporte no noso concello estrutúrase do seguinte xeito:

Programas municipais de actividades

  • Elabora unha oferta de actvidades ampla e variada para todos os segmentos da poboación, complementaria coa dos axentes deportivos privados.

Apoio aos axentes deportivos locais

  • Colabora cos axentes sociais vencellados á práctica físico-deportiva, de tal xeito que o Servizo de Deportes e estes sexan socios no desenvolvemento do deporte rianxeiro.

Infraestrutura e equipamento deportivo

  • Vela pola plena utilización das instalacións deportivas municipais, así como polo seu mantemento e conservación.
  • Planifica, amplía e constrúe a rede de instalacións deportivas de Rianxo.

Outros servizos e funcións

  • Asesora á cidadanía e ás entidades en materia deportiva.
  • Xestiona o deporte en Idade Escolar.