Obras e servizos

Servizo de Obras - Concello de Rianxo

OBRAS E SERVIZOS

INFORMACIÓN XERAL

981860401

obras@concelloderianxo.gal

Concellería de Obras e Servizos Municipais

Obras e servizos

No marco das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento MR701E), o Concello de Rianxo obtivo financiamento polo importe de 42.257,30 €. para a execución do proxecto de...

Deron comezo as obras para a dotación de redes de saneamento e abastecemento de auga no lugar de Quintáns, pertencente á parroquia de Isorna. O proxecto adxudicóuselle á empresa Mecano Obras y Reformas S.L. por un importe de 177.915,61€. Ao remate da actuación o núcleo de Quintáns contará con 1.063 metros de rede de saneamento e 1.066 metros de rede de abastecemento de agua potable. As obras...

RENOVACIÓN E ADAPTACIÓN AO REGULAMENTO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA, RD 1890/2008 DAS ILUMINACIÓNS PÚBLICAS - CONCELLO DE RIANXO - FEDER-EELL-2018-000228 Realízase a substitución de luminarias de Vapor de Sodio e Vapor de mercurio actuais por luminarias máis eficientes de tecnoloxía LED, que supoñen unha mellora das instalacións e permiten unha redución do consumo enerxético das instalacións e...

O Concello de Rianxo vén de abrir o proceso de licitación da obra de Saneamento de Pousada 1ª fase, na parroquia do Araño. O proxecto base de licitación está estimado en 222.357,39 euros, e rematará na presentación de propostas o día 29 de xuño, tras a que se celebrará a correspondente mesa de contratación. O proxecto prevé conectar á rede xeral do Concello no Carballal, previo cruzamento da...

O Pleno da Deputación provincial da Coruña con data de hoxe 26 de maio aprobou as diferentes modificacións presentadas do proxecto de saneamento de Pousada no Araño. Un proxecto que vén de superar todos os permisos administrativos previos correspondentes.: Augas de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas polo seu entronque coa Ac305, que cruza para incorporar vivendas de ambas marxes da...

Con cargo ao plan único da Deputación sacouse de novo a licitación pública o proxecto de remodelación do patio cuberto do Colexio Brea Segade de Taragoña. O proceso anterior quedara inconcluso pola negativa das empresas a realizalo, polo que se dotou con 33.000 euros adicionais de recursos propios do Concello para chegar agora aos 95.000 euros. A execución terá lugar ao longo do verán para...

Deron comezo as obras que conectarán á rede pública as primeiras vivendas da parroquia do Araño. Ao longo da estrada AC305 a empresa Simal está a realizar unha actuación de douscentos vinte metros de canalización que comunicará a rede proveniente de Outeiro en Taragoña coa zona da Casilla, xa no Araño. Esta actuación, financiada con fondos propios do Concello, conecta a rede existente desde A...

Ambas as actuacións forman parte do Plan Único da Deputación en Rianxo e veñen de rematar o seu proceso de licitación aberto hai uns meses. Coa sinatura dos contratos as empresas adxudicatarias comezan a conta atrás para executar dúas obras que forman parte das prioridades do equipo de goberno, como son impulsar avances en saneamento e abastecemento en todos os núcleos que carecen del a través...

O Concello de Rianxo asumiu o acondicionamento e reforma da rotonda de Té, a principal arteria de entrada a Rianxo desde a autovía AG-11. Neste momento estanse a executar as obras na citada rotonda despois de acadar os permisos necesarios por parte da Xunta de Galicia, titular da rotonda, e o visto e prace da Deputación da Coruña, titular dos viais a Taragoña e Rianxo e con competencias tamén...

O pleno celebrado xoves 9 de febreiro aprobou a participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de concellos) “Pos+ 2023” da Deputación Provincial da Coruña con catro proxectos de saneamento e abastecemento. Na votación resultante foi aprobada a proposta do goberno municipal por todas as formacións, BNG, PSOE, PP e Cidadáns, agás por...

O Concello de Rianxo está a impulsar, con fondos propios, a colocación dun tramo da rede de abastecemento municipal no Araño entre A Casilla e Pousada. Para evitar actuacións posteriores está a aproveitar as actuais obras de instalación das beirarrúas impulsadas pola Xunta na AC-305 para instalar xa a tubaxe de subministro que se conectará coa rede xeral. Será un novo paso para dar...

O concello de Rianxo está a executar a obra  Acondicionamento de aseos na Planta baixa do Concello de Rianxo no concello de Rianxo 2022/C002/000005 , financiado pola XUNTA DE GALICIA  a través do Proxecto de creación ,mellora e ampliación de Servizos básicos municipais. A actuación consiste  no Acondicionamento de aseos na Planta baixa do Concello de Rianxo. Esta obra...

A corporación municipal de Rianxo, na sesión celebrada o mércores 9 de febreiro, aprobou por unanimidade a relación de proxectos presentada polo equipo de goberno para incluír na relación do Plan Único da Deputación para o 2022. As propostas de Rianxo suman un total de 305.885,76 ás que se engaden dous proxectos no Plan Complementario pendente de novas achegas por valor de 275,260,79. A...

O concello de Rianxo está a executar a obra de MELLORA E MANTEMENTO DO FIRME DA ESTRADA DE RIANXIÑO AO BARRAL-T1, financiado a través do Plan marco da Xunta de Galicia. A actuación consiste na mellora dun tramo da pista que vai desde Rianxiño o Barral Tramo 1, na parroquia de Rianxo. Esta obra conta cun investimento total de 41.538,94 euros. O importe da axuda é de 34.329.70 euros e enmárcase...

Deron comezo por parte da empresa Irmáns Romay as obras de mellora do illamento da fachada sur do Pavillón polideportivo de Rianxo. A obra conta cun orzamento total de 36.574,46 euros dos que 29.259,56 euros son financiados a través dun Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Rianxo, na persoa do alcalde de Rianxo. A obra prevese...

O Concello de Rianxo está a realizar nestas semanas o troco de luminarias previsto no proxecto Renovación e adaptación do alumeado público, proxecto que pretende mellorar a eficiencia enerxética do Concello e que prevé a substitución progresiva do alumeado por lámpadas LED, así como a instalación de novos cadros de mando. Nesta fase, o proxecto, financiado nun 80% polo IDAE (Instituto para la...

A proposta do grupo de goberno (BNG-PSOE) contou coa aprobación dos grupos municipais do PP e Cidadáns e a única abstención de Rianxo en Común. O Plan Único da Deputación procura seguir afondando no obxectivo de fomentar o abastecemento e o saneamento integral do Concello. Neste senso, para achegar a auga do Ulla ao Araño promóvese unha actuación a modo de fase inicial que desde o depósito de...

A empresa Nemesio Ordóñez iniciou os traballos de construción do saneamento da aldea de Foxacos, no Araño. Durante tres meses, e cun importe final de 135.000 euros, acometerase esta actuación, que dará servizo á totalidade de vivendas do núcleo. Trátase ademais dunha actuación que supón a depuración autónoma con dous depósitos que evitarán o uso de bombeos ou de electricidade. Os fondos...

A empresa Obras Gallaecia SL iniciou esta semana as obras para a instalación dun ascensor na Clínica Vella de Rianxo. Foi adxudicada por un importe de 55.465,09 € e ten un prazo de execución de 3 meses. Forma parte do Plan Único da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo e dará servizo a tres andares da antiga edificación que albergará servizos municipais e o Instituto Social da Mariña....

​​​​​​​ Finalizou a obra de mellora e mantemento do firme da pista  do Casoliño (Asados) financiada polo FEADER dentro do Plan marco de mellora dos camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.

O Perfil do contratante do Concello de Rianxo publicou a licitación por 59.570,87 € dun ascensor que dará servizo a todo o edificio do ISM. Neste edificio, o obradoiro de emprego Clínica Vella construirá, no espazo ocupado polo antigo centro de saúde (primeiro andar), os locais de ensaio para a mocidade. O ascensor finánciase cos fondos do Plan Único da Deputación e do Concello de Rianxo. Toda...

Están en marcha os traballos na rede de abastecemento e saneamento en Lustres, Asados, dentro do Plan Único-Concellos, da Deputación da Coruña. Conta cun orzamento de 102.000 euros que está a executar a empresa Gestal y López.

A rúa Irmáns Ínsua de Rianxo pola súa pendente presenta moitos problemas en época de chuvias pola falta da rede de pluviais. Estes acaban desembocando libres nunha rúa de competencia provincial como é a rúa Rinlo, tamén na propia Irmáns Ínsua, producindo anegamentos en baixos e chamadas de negocios ou garaxes particulares das citadas rúas pola escorrentía que se produce nesta zona. Tamén faise...

O Plan de Medio Ambiente da Deputación da Coruña (PMA), aprobado no último pleno da institución, inclúe a realización dun proxecto en Rianxo que financia con 34.537,11 €, ademais da achega do concello de 45.390 euros para un total de 79.927,54 €. Consiste en dotar de saneamento ao núcleo de Cerqueiras, na parroquia do Araño, e dotalo dun sistema de depuración autónoma, a primeira destas...

— Resultados por páxina
Mostrando 24 resultados.