Obras e servizos

- A parroquia do Araño conéctase á traída municipal - Concello de Rianxo

OBRAS E SERVIZOS

INFORMACIÓN XERAL

981860401

obras@concelloderianxo.gal

Concellería de Obras e Servizos Municipais

Obras e servizos

A parroquia do Araño conéctase á traída municipal

Deron comezo as obras que conectarán á rede pública as primeiras vivendas da parroquia do Araño. Ao longo da estrada AC305 a empresa Simal está a realizar unha actuación de douscentos vinte metros de canalización que comunicará a rede proveniente de Outeiro en Taragoña coa zona da Casilla, xa no Araño. Esta actuación, financiada con fondos propios do Concello, conecta a rede existente desde A Casilla coa obra realizada baixo as beirarrúas da estrada autonómica, para chegar á recta do Araño e na que o Concello se anticipou dispoñendo xa das tubaxes necesarias. Con este tramo en execución permitirase tamén abastecer ás vivendas da aldea da Casilla, cunha actuación posterior incluída no Plan Único da Deputación e que xa conta cos permisos para atravesar a estrada autonómica e dar servizo a toda a aldea, coa conseguinte reposición da zona afectada polas obras.

A duración prevista é dunha semana de obras e dará cobertura a unhas dez vivendas directamente da marxe dereita da estrada (dirección Ribeira). Trabállase tamén un proxecto de conexión co depósito de Taragoña de toda esta rede o que  a dotará de maior potencia e caudal.