Obras e servizos

- Aprobado definitivamente o proxecto de saneamento de Pousada - Concello de Rianxo

OBRAS E SERVIZOS

INFORMACIÓN XERAL

981860401

obras@concelloderianxo.gal

Concellería de Obras e Servizos Municipais

Obras e servizos

Aprobado definitivamente o proxecto de saneamento de Pousada

O Pleno da Deputación provincial da Coruña con data de hoxe 26 de maio aprobou as diferentes modificacións presentadas do proxecto de saneamento de Pousada no Araño. Un proxecto que vén de superar todos os permisos administrativos previos correspondentes.: Augas de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas polo seu entronque coa Ac305, que cruza para incorporar vivendas de ambas marxes da estrada.

O proxecto ten así vía libre para a súa licitación no Concello desde este momento. Esta fase ascende agora aprobada realizará un investimento de 222.357,39 euros e ten un prazo de execución de catro meses desde o inicio das obras.

Na actualidade as edificacións asentadas no núcleo e nas marxes norte e sur da AC-305 da zona da Pousada non dispoñen de ningún tipo de servizo de saneamento público que con esta obra se conectarán á rede xeral de sumidoiros.

O presente proxecto da Fase 1 abrangue 15 vivendas habitadas, cunha estimación a longo prazo dunhas 25 vivendas.