981860401
obras@concelloderianxo.gal
Concellería de Obras e Servizos Municipais
Deron comezo por parte da empresa Irmáns Romay as obras de mellora do illamento da fachada sur do Pavillón polideportivo de Rianxo. A obra conta cun orzamento total de 36.574,46 euros dos que 29.259,56 euros son financiados a través dun Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Rianxo, na persoa do alcalde de Rianxo.
A obra prevese rematar en dúas ou tres semanas deste mes de agosto e obrigou a instalar unha estada que ocupa parte da zona de aparcadoiro da piscina. Para a mellora térmica instálase un illamento SATE de 60 mm que facilitará a impermeabilización para un posterior repintado.
Esta actuación forma parte dun proxecto máis completo que irá poñendo ao día estas instalacións municipais en sucesivas fases que se inician resolvendo o illamento da fachada máis exposta á chuvia.