Obras e servizos

- Comezo das obras na fachada sur do Pavillón Polideportivo de Rianxo - Concello de Rianxo

OBRAS E SERVIZOS

INFORMACIÓN XERAL

981860401

obras@concelloderianxo.gal

Concellería de Obras e Servizos Municipais

Obras e servizos

Comezo das obras na fachada sur do Pavillón Polideportivo de Rianxo

Deron comezo por parte da empresa Irmáns Romay as obras de mellora do illamento da fachada sur do Pavillón polideportivo de Rianxo. A obra conta cun orzamento total de 36.574,46 euros dos que 29.259,56 euros son financiados a través dun Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Rianxo, na persoa do alcalde de Rianxo.

A obra prevese rematar en dúas ou tres semanas deste mes de agosto e obrigou a instalar unha estada que ocupa parte da zona de aparcadoiro da piscina. Para a mellora térmica instálase un illamento SATE de 60 mm que facilitará a impermeabilización para un posterior repintado.

Esta actuación forma parte dun proxecto máis completo que irá poñendo ao día estas instalacións municipais en sucesivas fases que se inician resolvendo o illamento da fachada máis exposta á chuvia.